Noticias

Podemos advirte que o PSOE “reforza o desgoberno” de Jácome

Podemos Ourense denunciou publicamente o que considera unha “grave traizón” por parte do PSOE local, logo de que os socialistas votasen a favor da modificación de crédito de máis de 25 millóns de euros proposta polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

A formación morada sostén que este apoio supón “dar un cheque en branco” ao rexedor e entregar o control das contas municipais “sen garantías nin transparencia”.

Podemos advirte que o PSOE “reforza o desgoberno” de Jácome

Segundo explicou o portavoz de Podemos Ourense, Francisco Diéguez, “o PSOE non pode pretender ser oposición mentres lle sostén o brazo a Jácome. Isto é unha traizón directa á cidade e á xente que confiou neles”.

Para Diéguez, este voto socialista non é un mero trámite técnico, senón “un pacto político”. Entende que reforza o modelo de “desgoberno, opacidade e clientelismo” que, ao seu xuízo, leva anos afogando a cidade.

Podemos advirte que o PSOE “reforza o desgoberno” de Jácome
Francisco Diéguez

Desde Podemos reclaman medidas urxentes para garantir a transparencia e o control do gasto público. Entre elas figura a realización dunha auditoría cidadá das contas municipais, a paralización das partidas sen xustificación clara e a creación dunha comisión de transparencia aberta á veciñanza. “Ourense merece claridade, non pactos na sombra. A política útil é a que serve á xente, non á supervivencia dun alcalde”, engadiu Diéguez.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.