Noticias

Podemos denuncia na Fiscalía a xestión dos bombeiros en Ourense

O voceiro de Podemos Ourense, Fran Diéguez, presentou hoxe ante a Fiscalía un escrito no que solicita a apertura de dilixencias de investigación penal pola xestión do Servizo Municipal de Bombeiros por parte do alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome.

No documento entregado, recóllense feitos que, segundo Diéguez, poderían ser constitutivos de delitos.

Podemos denuncia na Fiscalía a xestión dos bombeiros en Ourense

Entre os posibles delitos figuran desobediencia a resolucións xudiciais, prevaricación administrativa ou mesmo malversación de fondos públicos.

Entre eles destacan o impago reiterado de salarios e complementos recoñecidos por sentenza firme do Tribunal Supremo, a proposta de modificación unilateral dos turnos do persoal e a intención de incorporar bombeiros voluntarios nun contexto de conflito laboral.

Para o voceiro de Podemos, “non se trata só dun conflito laboral, senón dunha cuestión de legalidade e seguridade pública. Os bombeiros son un servizo esencial, e merecen respecto institucional e o cumprimento dos seus dereitos recoñecidos”.

Podemos denuncia na Fiscalía a xestión dos bombeiros en Ourense
Francisco Diéguez. Foto: Podemos Ourense

A formación entende que está en xogo a calidade democrática do Concello e a seguridade da veciñanza, polo que reclaman que se depuren responsabilidades “con toda a contundencia que require a situación”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.