Noticias

Podemos Ourense denuncia a falta de seguridade na Policía Local

Podemos Ourense presentou unha denuncia formal ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social para reclamar que o Concello de Ourense garanta a seguridade, formación e equipamento da Policía Local.

A acción chega tras a recente sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Ourense, que recoñece a existencia de “situacións de risco relevante” para a integridade física dos axentes debido á ausencia de equipos de protección e protocolos axeitados.

Podemos Ourense denuncia a falta de seguridade na Policía Local

O portavoz de Podemos Ourense, Francisco Diéguez, lembrou que hai unhas semanas xa solicitaran ao Concello a dotación de material de protección sen obter resposta. “Non podemos permitir que os axentes sigan traballando sen chalecos, escudos ou walkie-talkies que lles permitan protexer as súas vidas e garantir a seguridade da cidadanía. Esiximos tamén que se lles pague o que lles corresponde”, subliñou.

Podemos Ourense denuncia a falta de seguridade na Policía Local

A denuncia solicita que a Inspección de Traballo verifique tanto a dispoñibilidade de equipos e protocolos de actuación como o pago íntegro dos salarios. Na reclamación están incluídas pagas extras e complementos. Desde a formación morada insisten en que esta situación afecta non só ao persoal policial, senón tamén á seguridade da veciñanza de Ourense. Por este motivo reclaman ao alcalde Gonzalo Pérez Jácome que cumpra coas obrigas legais en prevención de riscos laborais.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.