Unha xornada de poesía e música é a proposta que atopamos no Trampitán para este venres, 26 de xaneiro de 2024.
A poeta Rochi Nóvoa presentará algúns dos seus textos co acompañamento musical de Daniel Soldevilla e Puntxa González.
Poesía e música no Trampitán
Esta xornada cultural onde a música e a poesía se mesturan da man destes grandes artistas forma parte dunha programación que este establecemento organiza de forma regular. Neste café bar situado na Praza Maior de Ourense temos unha boa oportunidade para gozar coa cultura.
Ademais dos tres artistas protagonistas, está prevista a colaboración do grupo A Voz das Mouras e o músico local Manu Díaz.