Noticias

A Ponte, O Pino e O Vinteun abordan os problemas de seguridade

Representantes das asociacións veciñais de A Ponte, O Pino e O Vinteún abordan os problemas de seguridade dos seus barrios nunha reunión con representantes do PSdeG-PSOE.

A deputada no Congreso, Marga Martín, e a secretaria xeral do PSdeG en Ourense, Natalia González planificaron esta reunión para coñecer de primeira man as súas demandas.

A Ponte, O Pino e O Vinteun abordan os problemas de seguridade

Dentro da situación xeral de seguridade na cidade de Ourense, estes tres barrios incrementaron nos últimos tempos un aumento de incidencias. «Entendemos que este ten que ser un dos asuntos principais que se aborden na próxima Xunta Local de Seguridade que se convoque en setembro», sinalou González Benéitez.

A Ponte, O Pino e O Vinteun abordan os problemas de seguridade
Marga Martín e Natalia González. Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

As demandas e suxestións expresadas polos representantes veciñais serán trasladadas á Subdelegación do Goberno e ó concello de Ourense. «Imos trasladar un documento no que se recollan as inquedanzas e problemáticas que padecen as e os ourensáns, aparte dos escritos que xa puideran presentar as asociacións veciñais a título individual, neste senso e que se debatan posibles solucións».

Entre as causas desta situación atópase «a chegada da Alta Velocidade e o repunte turístico vencellado á mesma converteron a Estación Empalme nun lugar de moito tránsito e tamén de maior actividade delictiva a pequena escala. Anteriormente ao traslado da nova estación de buses a esta rúa tamén supuxo que fora empregada como refuxio e punto de encontro para o trapicheo e para persoas sen teito«.

Natalia González indicou que esixirán ó concello «sacar do abandono estes barrios». algunhas das propostas serán: «accións necesarias en materia de limpeza, desbroce, melloras de iluminación e outros servizos». Estas iniciativas son «pequenas accións que favorecerían unha maior seguridade e tranquilidade para o día a día da veciñanza».

Asociacións Veciñais presentes na reunión:

  • A Ponte,
  • As Termas,
  • Santa Ana do Pino,
  • Tras Estación,
  • Covadonga,
  • Santa Teresita,
  • Oira, A.VV. Rúa 21,
  • Andén Primeiro,
  • Catro camiños Peliquín,
  • Vía Vella de Ponte Canedo

Botón volver arriba