Noticias

O BNG insta á Xunta a abrir a Praza de Abastos

O BNG reclama que a Xunta de Galiza asuma un papel activo para impulsar a posta en funcionamento da Praza de Abastos número 1 de Ourense.

Esta petición chega logo de coñecerse o auto do 24 de setembro do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 que desestima as medidas cautelares solicitadas pola concesionaria.

O BNG insta á Xunta a abrir a Praza de Abastos

O deputado nacionalista Iago Tabarés advertiu que “a incapacidade para a xestión dos recursos públicos por parte do Concello de Ourense non pode seguir prexudicando o desenvolvemento económico e social da cidade e comarca”.

O BNG insta á Xunta a abrir a Praza de Abastos
Foto: BNG

Insiste en que o edificio, practicamente rematado no exterior, segue pechado pola falta dun proxecto interior adaptado ás necesidades reais das praceiras e praceiros.

Segundo Tabarés, “investíronse millóns de euros e, por unha nefasta xestión municipal, as comerciantes seguen contra a súa vontade na Alameda, un dos poucos espazos verdes da cidade”. O recente auto xudicial establece que deben ser as propias praceiras e praceiros quen presenten o proxecto de adaptación interior cos requisitos de seguridade, hixiene e accesibilidade, sen determinar quen debe financiar e executar as obras.

O BNG lembra que a Xunta xa manifestou a súa disposición a colaborar economicamente e considera que agora resulta imprescindible que lidere as actuacións. Reclaman tanto a apertura do mercado como a mellora da súa accesibilidade, o acondicionamento comercial do exterior e a urbanización da contorna, para facilitar un traslado inmediato.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.