Os premios do Concurso de comparsas e carrozas do desfile do Entroido de Ourense 2024 deixaron unha boa cantidade de cartos entre os mellores traballos.
O concello de Ourense organizou un desfile que contou coa participación de máis de 2.000 persoas que desfilaron polas principais rúas da cidade.
Desde a saída no barrio das Lagoas ata o remate na Alameda, os participantes mostraron unha gran calidade no deseño dos seus disfraces e animaron continuamente ó público que encheu as rúas. Centenares de persoas aproveitaron a tregua meteorolóxica para gozar co paso de comparsas e carrozas.
Premios do Concurso do Entroido de Ourense 2024
Entre os grupos premiados destaca o 1º premio de Notre Dame al ritmo de Cicklon na categoría de comparsas ou o outorgado a Grease estilo libre como a máis numerosa.
Comparsas máis de 10 compoñentes
- 1º premio (1.000 €) Notre Dame al ritmo de Ciklon
- 2º premio (800 €) Os arrieriños Dacón
- 3º premio (600 €) O bosque encantado
Comparsas menos de 10 compoñentes
- 1º premio (500 €) As damas das follas douradas da Ribeira Sacra
- 2º premio (400 €) Las rosquis
- 3º premio (300 €) Juegos de mesa
Premios especiais comparsas
- A máis numerosa (500 €) Grease estilo libre
- A máis graciosa (500 €) Oulimpiadas 24
- Mellor animación / musical (500 €) Os lolailos por Exipto
Carrozas
- Mellor deseño (500 €) Notre Dame
- Mellor animación (500 €) O afastado bencho