O Concello entregou onte á noite os galardóns deste certame gastronómico que se celebrou entre o 13 e o 21 de xuño e no que participaron 43 establecementos da cidade cun total de 51 propostas culinarias.
A gala de entrega tivo lugar nos exteriores do Pavillón dos Remedios, no marco das Festas de Ourense.
Bágoa e O Barallete brillan no Concurso de Pinchos
O Concurso de Pinchos de Ourense 2025 xa ten gañadores.

O evento contou coa presenza do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome; a concelleira de Turismo, Noa Rouco, e representantes das entidades patrocinadoras. Nesta edición, por primeira vez, o certame repartiu premios económicos cunha dotación total de 6.400 euros.
Na categoría de pincho de innovación, o primeiro premio (1.500 euros) foi para Bágoa Gastrobar co seu B24. O segundo (1.000 euros) foi para La Zapatería del Abuelo, con Apagón, e o terceiro (500 euros) para Portovello, con Miño.
Na categoría de pincho clásico, o primeiro premio (1.500 euros) foi para O Barallete polo seu pincho homónimo. O segundo (1.000 euros), para Bar Orellas, con Mesturada, e o terceiro (500 euros) para Kaleido Cocina Creativa, pola súa Croqueta de mexillón.
Ademais, o galardón ao mellor pincho apto para persoas celíacas, dotado con 400 euros, foi para Na Brasa, grazas ao seu Umami Nordés.
O Concello de Ourense agradeceu a implicación dos patrocinadores principais –Aceites Abril, Grupo Coren, Estrella Galicia e o Consello Regulador da D.O. Ribeiro– así como a colaboración doutras empresas e entidades locais que participaron no sorteo de produtos e experiencias entre o público asistente.