Noticias

Os premios Rebulir da Cultura Galega 2024 xa teñen gañadores

Os Premios Rebulir da Cultura Galega 2024 xa teñen gañadores tralo fallo do xurado que avaliou todas as propostas seleccionadas.

En todas as categorías destes premios, o xurado atopou numerosas alternativas que serían merecedores destes galardóns.

Os premios Rebulir da Cultura Galega 2024 xa teñen gañadores

Unha análise de todas as candidaturas permitiu escoller ás entidades, agrupacións e persoas que serán recoñecidas na 13ª edición destes Premios Rebulir.

A relación de gañadores destes premios son:

  • 1. CATEGORIA MÚSICA GALEGA:
    TREIXADURA  despois de mais de 30 anos de traxectoria, por difundir, respetar e poñer en valor a música de raiz.
  • 2.CATEGORÍA ARTES ESCÉNICAS:
    ISABEL RISCO pola súa dilatada traxectoria no mundo da interpretación con diferentes públicos e rexistros. 
  • 3. CATEGORIA HOMENAXE:
    ASOCIACIÓN DE GAITEIROS/AS GALEGAS/OS (AGG)  por  conservar, defender e velar pola tradición galega como símbolo de identidade colectiva.   
  • 4. MENCIÓN HONORÍFICA:
    EMIGRACIÓN GALEGA en CATALUÑA polo mantemento e promoción da cultura galega no exterior. 

O xurado da XIII edición dos Premios Rebulir da Cultura Galega estivo formado por:

PRESIDENTA DO XURADO:  Dna. Sandra González Sousa (Presidenta da AC. Rebulir)
SECRETARIO DO XURADO: D. Alexandre Sotelino Losada (Profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Director artístico/académico do FIR)
PRESIDENTE DE HONRA: D. Miguel A. Santalices Vieira (Sr. Presidente do Parlamento de Galicia)

VOGAIS:
– Dna. Beatriz Fernández Fernández ( representante da Xunta de Galicia)
– D. Marcos Vázquez Guzmán (Director do Área de Cultura da Deputación de Ourense)
– Dna. Isabel Gil Álvarez (Alcaldesa do Concello de Ramirás)
– D. Manuel Edreira Buela (Músico)
– Dna. Sara Fraga García (Xestora Cultural)
– Dna. Eva Tato González (Actriz, dinamizadora cultural e profesora de Teatro)
– Dna. Galicia Gutierrez (Profesora e Actriz)
– D. Alejandro Lago Barciela (Artesán, músico e profesor de gaita)
– Dna. Iris Justo Rodríguez (Comunicadora Audiovisual)
– Dna. Susana Durán González (Directora Admin. do FIR)

A entrega de premios destes galardóns está prevista para o sábado, 21 de decembro de 2024, durante a Gala Central do FIR2024.

Botón volver arriba