Eventos

Jorge Emilio Bóveda presenta “As portas condenadas”

O escritor galego Jorge Emilio Bóveda presentará a súa última novela, As portas condenadas, este venres 13 de marzo no espazo OZOCOgz Deseño Galego.

O acto contará tamén coa participación do debuxante, pedagogo e músico David González Gándara.

Jorge Emilio Bóveda presenta “As portas condenadas”

A actividade forma parte da programación cultural deste espazo do Carballiño. OZOCOgz continúa apostando pola promoción da literatura galega e polo encontro directo entre autores e lectores.

Jorge Emilio Bóveda presenta “As portas condenadas”

Durante a presentación, Bóveda achegará ao público os detalles da súa nova obra. Esta novela mergulla ó lector na vida de Eleusis, un personaxe cuxa existencia discorre nunha Auria gris e monótona, marcada por relacións familiares frías, amizades superficiais e un horizonte vital pouco prometedor.

Jorge Emilio Bóveda é considerado un dos autores máis destacados da narrativa galega contemporánea. Bóveda conta cunha traxectoria literaria consolidada e unha obra extensa que abrangue diferentes xéneros. A presentación permitirá ao público coñecer de primeira man as claves desta nova publicación e dialogar co autor nun ambiente próximo.

O acto terá lugar no local de OZOCOgz Deseño Galego, situado na rúa Curros Enríquez, 29, e está aberto ao público interesado en descubrir esta nova proposta literaria da narrativa galega actual.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.