Eventos

Presentación en O Carballiño do libro A Historia de Galicia en 30 obxectos

O Carballiño acollerá o sábado, 11 de outubro, na tenda Ozocogz, a presentación do libro A Historia de Galicia en 30 obxectos, do historiador David Gesteira.

I autor estará acompañado polo arqueólogo carballiñés Jorge Lamas.

Presentación en O Carballiño do libro A Historia de Galicia en 30 obxectos

A obra propón unha viaxe pola memoria colectiva galega a través de trinta elementos representativos. “Disque os obxectos son quen de gardar o pasado e mantelo vivo para nós. Con este libro vas coñecer como unha campá, un carro, unha moeda ou un reloxo nos comunican coa historia de Galicia”, explica Gesteira.

No percorrido polas súas páxinas desfilan libros singulares, ferramentas tradicionais, edificacións emblemáticas e obxectos cotiáns que axudan a entender a evolución da sociedade galega ao longo dos séculos.

Presentación en O Carballiño do libro A Historia de Galicia en 30 obxectos
A Historia de Galicia en 30 obxectos. David Gesteira

Segundo o autor, o obxectivo é “achegar o pasado á cidadanía dunha forma próxima e visual, para que cada lector poida atopar un reflexo da súa propia historia nos obxectos descritos”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.