A escritora Nila A. Pousa presentará o seu novo libro O pouco tempo que nos queda (El poco tiempo que nos queda na edición en castelán) o venres, 19 de setembro, ás 20:00 horas.
O acto terá lugar no espazo OZOCOgz deseño galego, situado na rúa Curros Enríquez, 29, no Carballiño.
Nila A. Pousa presenta en O Carballiño O pouco tempo que nos queda
O acto contará coa participación de Ana Corzo, Aarón Franco e Elena Lameiro, que acompañarán á autora nun encontro aberto ao público, no que se afondará nos contidos e motivacións desta obra.
Con este lanzamento, Pousa achega unha nova proposta literaria que invita á reflexión sobre o tempo e a súa fugacidade, un tema que conecta de maneira directa co título da obra. A presentación converterase nun espazo de diálogo entre a literatura, a creación e a cultura local.
