Eventos

Presentación dun libro solidario co pobo palestino

Este venres terá lugar a presentación dun libro solidario que pretende recadar diñeiro que sexa enviado ó pobo palestino.

O libro «Cantos de dor e liberdade» reúne 42 poemas e 12 ilustracións que reflicten a solidariedade da cidadanía galega co pobo de Palestina.

Presentación dun libro solidario co pobo palestino

A presentación, programada para este venres, 20 de setembro, na tenda OZOCOgz do Carballiño permitirá ós interesados mercar este libro. Todos os beneficios e os dereitos de autor deste libro serán destinados integramente a UNRWA que presta axuda humanitaria á poboación que permanece en Gaza.

Presentación dun libro solidario co pobo palestino

Durante o acto están previstas as lecturas de poemas por parte dos escritores Arancha Nogueira, Rochi Nóvoa ou X. Carlos Domínguez Alberte entre outros. Tamén están previstas as actuacións musicais de David G. Gándara, Andrés Fernández e Alexandre Cabanelas.

A creación deste libro foi impulsada por Galiza por Palestina, Mar de Lumes, Jenín, Pallasos en Rebeldía, BDS-Galiza e a editorial Tempo Galiza.

Botón volver arriba