O escritor Óscar M. Guzmán presentará este sábado, 30 de agosto, a súa obra Pero… como morren as pegas?, gañadora do Premio Vilar Ponte 2023.
O acto desenvolverase a partir das 20:00 horas na Casa dos Oficios de Taboadela.
Óscar M. Guzmán presenta en Taboadela a súa novela premiada
Durante a cita, o autor conversará coa tamén escritora Alba Guzmán, nun encontro literario que permitirá afondar nos detalles dunha novela que foi recoñecida polo seu estilo narrativo e a súa capacidade de atrapar ao lector.

A presentación está aberta ao público e busca converterse nun espazo de diálogo arredor da literatura galega contemporánea, poñendo en valor o talento creativo que se está a xerar desde Ourense.