Esta mañá tivo lugar a presentación da terceira edición do OUR FEST que neste 2024 reúne a algunhas das melloras bandas do pop rock alternativo.
Este evento terá lugar o sábado, 14 de setembro, no recinto de Expourense e contará coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o concello de Ourense.
Presentación do OUR FEST 2024
No acto de presentación estiveron Xosé Manuel Merelles, Director de Turismo de Galicia; César Fernández, Vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e Deputado de Cultura; Aníbal Pereira, Tenente de alcalde do Concello de Ourense; e David Jiménez-Zumalacárregui, director artístico do festival
O programa do OUR FEST 2024 contará coa presenza de grupos como Jake Bugg, Teenage Fan Club, Los enemigos ou Yard Act. O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, destacou «a importancia dos eventos culturais para a dinamización dun territorio, atraendo a miles de persoas e enchendo os hoteis e restaurantes».
David Jiménez-Zumalacárregui, director artístico do OUR FEST sinalou que «Este ano, igual que nos
anteriores, seguimos na liña da búsqueda da calidade e non da cantidade, atraendo a xente de moitas partes, cun cartel diferente, con bandas que teñen un pasado e bandas actuais que están dando moito que falar».
Programa do OUR FEST 2024
- 17:30h – Caballo Prieto Azabache
- 18:45h – Los Enemigos
- 20:15h – Teenage Fanclub
- 21:45h – Miles Kane
- 23:15h – Yard Act
- 00:45h -Jake Bugg