Noticias

Presentan a 35ª edición das Noites Teatrais de Vilamarín

Responsables da Deputación e o concello organizador presentan no Centro Cultural Marcos Valcárcel a 35ª edición das Noites Teatrais de Vilamarín.

Rosendo Fernández, deputado de Representación Institucional, Marina Rodríguez, concelleira de cultura, e Amador Vázquez, alcalde de Vilamarín presentaron a programación.

Presentan a 35ª edición das Noites Teatrais de Vilamarín

Dentro das propostas culturais que teñen lugar na provincia de Ourense, as Noites Teatrais de Vilamarín é unha das máis lonxevas ó chegar no 2024 á súa 35ª edición.

Esta tarefa de promoción cultural foi destacada por Rosendo Fernández que valorou «o excelente traballo que fan en Vilamarín a prol do Teatro e a Cultura». Esta programación terá lugar entre os días 15 e 19 de xullo no Auditorio Municipal de Vilamarín.

Presentan a 35ª edición das Noites Teatrais de Vilamarín
Foto: Deputación de Ourense

Amador Vázquez, alcalde de Vilamarín, destacou que este festival «conta con máis seareiros de fóra de Ourense».

Botón volver arriba