Eventos

Presentan os libros gañadores dos premios Antón Losada Diéguez

Presentan no local de OZOCOgz do Carballiño os libros gañadores dos premios Antón Losada Diéguez 2024.

Rafael Otero Janeiro e Iria Morgade Valcárcel, autores das obras premiadas, participarán neste acto que terá lugar o mércores, 7 de agosto, ás 20:30h.

Presentan os libros gañadores dos premios Antón Losada Diéguez

O libro «A Vera Cruz de Antonio Palacios» será presentado polo seu autor e contará tamén coa participación de Ana Isabel Rodríguez, secretaria do Instituto de Estudios Carballiñeses. Pola súa parte, a escritora Iria Morgade Valcárcel presentará a súa obra «Quen escribirá a miña historia?« coa participación do escritor e historiador Carlos Méixome Quinteiro.

Presentan os libros gañadores dos premios Antón Losada Diéguez
Cartel do evento en OZOCOgz. O Carballiño.

Botón volver arriba