Os prezos reducidos que atoparemos nas piscinas de Maceda durante o verán de 2022 convértenas nunha opción para aqueles que queren combater a calor do verán sen gastar unha fortuna.
É habitual atopar prezos bastante altos nas entradas diarias das piscinas municipais. Esta tendencia afecta sobre todo aos cidadáns que non están empadroados e que se atopan con prezos de ata 3€.
Prezos reducidos nas piscinas de Maceda
No caso do concello de Maceda, os prezos das entradas diarias é a mesma para tódolos usuarios. Prezos reducidos de 1€ para o público en xeral e 0,5€ para usuarios de 6 a 14 anos son un bo reclamo. A maiores, os usuarios de menos de 6 anos ou máis de 65, teñen o acceso de balde.
Existen tamén bonos individuais e familiares que se poden solicitar mediante os formularios que figuran na web municipal ou directamente nas oficinas do concello.
Estas instalacións entrarán en funcionamento o 1 de xullo de 2022. O horario de funcionamento das instalacións será de 12h a 20h de forma continuada.
Entradas e bonos para a piscina de Maceda
Na seguinte táboa figuran os prezos das entradas e bonos das piscinas municipais de Maceda.