Noticias

Primeira reunión para a moción de censura

Esta mañá tivo lugar a primeira reunión dos partidos da oposición para iniciar as negociacións que leven a unha moción de censura no concello de Ourense.

Trala proposta formal que o partido socialista realizou ó PP e ó BNG, esta reunión supón o primeiro paso para acadar un acordo.

Primeira reunión para a moción de censura

«Foi unha reunión longa, produtiva e quero agradecer públicamente ás dúas formacións que deramos un paso adiante para ofrecer unha alternativa de goberno estable para esta cidade e que poida materializarse en próximas datas» indicou Nataliga González Benéitez.

Primeira reunión para a moción de censura
Representantes do BNG, PSOE e PP. Foto: PSdeG-PSOE

A secretaria xeral do PSOE na cidade de Ourense mostrou a súa satisfacción pola reunión e agarda un próximo acordo. «Hoxe é un día importante para Ourense no que o Partido Socialista, o PP e o BNG, nos sentamos a falar do realmente importante. Quixemos presentar o chamado Pacto da Concordia cunha serie de compromisos para garantir non só quen chega ao goberno e de que maneira, senón o que se vai facer ao día seguinte».

Foto: PSdeG-PSOE

A proposta socialista inclúe 14 puntos que serven de punto de partida para estas negociacións. «Ábrese, en consecuencia, un proceso de negociación entre os tres grupos e o máis importante é definir as liñas estratéxicas a seguir«.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.