O programa de actividades organizados polo 8M no concello de Ourense recollen accións formativas, culturais, audiovisuais e actos institucionais.
Telmo Ucha, concelleiro de Igualdade, destacou a importancia da «prevención para que poidamos celebrar o 8M nun horizonte de igualdade».
Programa de actividades polo 8M en Ourense
No acto de presentación das actividades, Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, invitou á cidadanía «á reflexión para seguir conquistando metas». A programación conta con numerosas actividades que comezarán mañá mércores, 8 de marzo, e rematarán o día 29.
«Hai conquistas que damos por feitas, pero están experimentando un retroceso» recordou Malena De Jesús, directora do Centro de Información Municipal ás Mulleres. Entre os datos ofrecidos por De Jesús destacan que «un 10% das nosas usuarias son menores e o 85% do total dos casos que atendemos son por violencias».
O cartaz das actividades deste ano é obra da artista de Ourense Patricia Joga. Nel están reflectidas as distintas facetas nas que a muller reclama espazo e visibilidade cun papel protagonista para a ciencia e a arte.
Listado de actividades
Mércores, 8 de marzo
- Contacontos: Sen medo, con Trécola Teatro.
Centros de Educación Primaria Manuel Luís Acuña e Mariñamansa. Horario de mañá. - Acto institucional: Lectura do manifesto do Día Internacional das Mulleres
12:00 horas. Salón de Plenos.
Xoves 9 de marzo
- Contacontos: A gran pequena inventora, de Trémola Teatro.
Centros de Educación Infantil Mestre Vide e Curros Enríquez. Horario de mañá. - Contacontos: Sen medo, con Trécola Teatro.
Centros de Educación Primaria A Inmaculada e Irmáns Villar. Horario de mañá. - Contacontos: Subterránea, de Mónica Sueiro.
Centros de Educación Secundaria Universidade Laboral e Ferro Couselo. Horario de mañá. - Entrega do XVII Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades.
20:00 horas. Liceo de Orense.
Venres 10 de marzo
- Contacontos: A gran inventora, de Trémola Teatro.
Centros de Educación Infantil A Ponte e Vista Fermosa. Horario de mañá. - Contacontos: Subterránea, de Mónica Sueiro.
Centros de Educación Secundaria Portovello e Julio Prieto Nespereira. Horario de mañá. - Concerto de The Tetas ‘Van e de Broken Peach
19:30 horas. Praza Maior.
Martes 14 de marzo
- Cine: La revolución bailando
20.30 horas. Casa da Cultura (rúa do Concello 11).
Dir. Julia Rebato e Eli Martín. España 2020. Documental. Colabora: Cineclube Padre Feijoo.
Mércores 15 de marzo
- Circando – Mulleres e Circo
20:00 horas. Teatro Principal.
Con Isabel Risco, actriz e presentadora, Sue Moreno, actriz, trapecista, bailarina e acróbata aérea, Lila Star, contorsionista, Marta Sempre Arriba, acróbata aérea e clown, e Fani Triana, maga.
Xoves 16 de marzo
- Obradoiro Muller e Corpo
17:30 / 20:30 horas. Concellería de Igualdade CIMM (rúa do Ensino 24).
Imparte: Mar Márquez, bailarina e sexóloga. Inscricións: CIMM - Presentación do IV Plan de Equidade do Concello de Ourense
Luns 20 de marzo, 12:00 horas. Salón de Plenos.
Interveñen: Telmo Ucha, concelleiro de Igualdade, e Silvia Pérez Freire, socióloga experta en xénero e profesora da Universidade de Vigo.
Venres 24 de marzo
- Poesía escénica, con Nuria Vil, narradora oral.
Finalista do Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández 2022.
20:00 horas. Mur Marxinal (rúa Manuel Murguía 11)
Mércores 29 de marzo
- Obradoiro para mulleres: Pensar (Nós) mulleres
17:30/20:30 horas. Concellería de Igualdade CIMM (rúa do Ensino 24).
Imparte Ana Pérez Cardoso, educadora social do CIMM. - Presentación do libro e do vídeo O rueiro que queremos: feminino e plural
Interveñen: Malena De Jesús, Rosa Mª Cid Galante e José Antonio López Feijóo.
19:00 horas. Sala Valente (rúa do Paseo 20)