Mostramos a continuación o programa completo do Entroido de Ourense 2023 que comezará o xoves, 16 de febreiro, coa celebración do tradicional Xoves de Comadres.
A partir dese día, Ourense converterase nunha das capitais do Entroido apoiada por unha intensa e variada programación de actividades.
Programa completo do Entroido de Ourense 2023
Música, animación, actividades infantís, desfiles e concursos de disfraces forman parte do programa de Entroido 2023.
XOVES, 16 DE FEBREIRO (XOVES DE COMADRES)
ANIMACIÓN DE RÚA
Trópico de grelos e BCB
Hora: 20.30 h
Latexo percusión, BrassicaRapa e Somdolilá
Hora: 00.00 h
Lugar: rúas da cidade
Baile co grupo CLAXXON
Hora: 23.30 h
DJ Alvama Ice
Hora: 1.00 h
Lugar: Praza Maior
VENRES, 17 DE FEBREIRO
DESFILES ESCOLARES DE ENTROIDO
Centro – Hora: 11.00 h
Animación con Sorcha e Trópico de Grelos
Lugar: Praza Maior, rúa Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, rúa Santo Domingo, praza do Ferro, rúa da Paz, rúa das Tendas e Praza Maior.
As Lagoas – Hora: 12.00 h
Animación con Nova Terra de Trives
Lugar: Praza do Mestre Vide, rúa Saenz Díez, rúa Florentino López Cuevillas, rúa da Habana, rúa Curros Enríquez e Praza do Mestre Vide
A Ponte – Hora: 12.30 h
Animación con Os Bandiños
Lugar: CEIP A Ponte, rúa Xesús Pousa, rúa Euloxio Gómez Franqueira e baixada pola rúa San Paio, rúa San Rosendo e volta ao CEIP A Ponte.
ANIMACIÓN ENTROIDOS TRADICIONAIS
Hora: 19.30 h
Percorrido: Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, parque de San Lázaro, praza do Ferro, rúa da Paz, rúa das Tendas e Praza Maior.
Participarán:
- Parada de Amoeiro -onde percorrían as aldeas con carros decorados-;
- Felos de Maside (a cabalo);
- as Pitas das Eiroás;
- Frei Canedo da Ponte;
- Paquita e Nicanor de Seixalbo;
- Folión de Buxán -coa Máscara tradicional e o Oso-;
- Felos de Esgos;
- Felos de Maceda;
- Madamas e Xigantes de Entrimo;
- as Follateiras de Lobios;
- o Folión de Trives -co Boteiro-;
- as Máscaras da Xironda;
- Pantallas de Xinzo;
- os Labardeiros de Mugares -Toén-;
- o Folión de Fradelo;
- os Arrieiros de Petín -co Minotauro-; etc.
ANIMACIÓN DE RÚA
Trópico de Grelos, BCB e Os Caliqueños
Hora: 20.00 h
Támega, Dr. Anchoa, Alambique, Nova terra de Trives, Noroeste e Mekánika
Hora: 00.00 h
Lugar: rúas da cidade
Festicultores Troupe
Hora: 00.30 h
Lugar: Praza Maior
SÁBADO, 18 DE FEBREIRO
ANIMACIÓN DE RÚA
Castro Bello, El Tattoo e Os Caliqueños
Hora:12.30 h
Ruada cos cabezudos e xigantes e a charanga Europa
Hora: 18.00 h
Os Perqtores, Aperta, BCB, El Brexit e Nova Terra de Trives
Hora:20.30 h
Alambique, Dr. Anchoa, Noroeste, Trópico de grelos, Sorcha e Latexo percusión
Hora: 00.00 h
Lugar: rúas da cidade
FESTA INFANTIL
Xogos, animación e maquillaxe
Hora: 17.00 h
Concerto da Gramola Gominola
Hora: 18.30 h
Lugar: Praza Maior
Baile coa orquestra OLYMPUS
Hora: 23.30 h
Lugar: rúa do Progreso
SESIÓN DJ
Hora: 23.30 h
Lugar: Praza da Santa Eufemia
Hora: 00.30 h
Lugar: Praza do Correxidor
A GRAMOLA
Hora: 23.59 h
DJ Michenlo
Hora: 1.00 h
Lugar: Praza Maior
DOMINGO, 19 DE FEBREIRO
ANIMACIÓN DE RÚA
Alambique e Os Caliqueños
Hora: 12.30 h
Lugar: rúas da cidade
DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS
Desfile de comparsas e carrozas coa actuación das charangas Dr. Anchoa, Trópico de Grelos, CLK e Castro Bello
Hora: 16.30 h
Percorrido: Saída das Lagoas, rúa Curros Enríquez, rúa Xoán XXIII, rúa do Progreso
BAILE co grupo ASSIA
Hora: 19.00 e 21.30 h
Lugar: rúa do Progreso
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE COMPARSAS E CARROZAS DO ENTROIDO 2023
Hora: 20.00 h
Lugar: rúa do Progreso
Actuación KING ÁFRICA
Hora: 19.30 h
Lugar: rúa do Progreso
LUNS, 20 DE FEBREIRO
ANIMACIÓN DE RÚA
CLK e Sorcha
Hora: 12.30 h
Ruada cos cabezudos e xigantes coa charanga Brexit
Hora: 18.00 h
Fanfarria Taquikardia, Castro Bello, BCB, Sorcha, Os Caliqueños e Támega
Hora: 20.30 h
Trópico de Grelos, Lou Band, Brexit, BCB, Noroeste, Aperta, Dr. Anchoa, Mekánika e Latexo percusión
Hora: 00.00 h
Lugar: rúas da cidade
FESTA INFANTIL
Xogos, animación e maquillaxe
Hora: 17.00 h
Concerto de María Fumaça
Hora: 18.30 h
Lugar: Praza Maior
BAILE co grupo AMÉRICA
Hora: 23.30 h
Lugar: rúa do Progreso
SESIÓN DJ
Hora: 23.30 h
Lugar: Praza da Santa Eufemia
Hora: 00.30 h
Lugar: Praza do Correxidor
A GRAMOLA
Hora: 23.59 h
Groove amigos
Hora: 1.00 h
Lugar: Praza Maior
MARTES, 21 DE FEBREIRO (MARTES DE ENTROIDO)
ANIMACIÓN DE RÚA
Lou band e Nova Terrra de Trives
Hora: 12.30 h
Nova Terra de Trives, BCB, Trópico de Grelos e CLK
Hora: 17.30 h
Lugar: rúas da cidade
FESTA INFANTIL
Xogos, animación e maquillaxe
Hora: 17.00 h
Concerto da Mamá Cabra
Hora: 18.30 h
Lugar: Praza Maior
BAILE coa orquestra PARÍS DE NOIA
Hora: 19.00 h
Lugar: rúa do Progreso
MÉRCORES, 22 DE FEBREIRO
ACTUACIÓN QUEIMAN E POUSA
Hora: 19.00 h
Lugar: Praza Maior
ENTERRO DA SARDIÑA
Concentración na Praza Maior, as carpideiras acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido, o cortexo fúnebre irá amenizado polas charangas Nova Terra de Trives e El Tattoo.
Hora: 20.00 h
Percorrido: Saída da Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Parque de San Lázaro (Subdelegación do Goberno) queima da Sardiña.