Eventos

Programa completo do Entroido de Ourense 2022

Xa coñecemos o programa completo do Entroido de Ourense 2022 que chega cargado de ilusión, música e moita festa.

Tras a presentación oficial da programación do entroido en Ourense, xa podemos ofrecer toda a información das actividades previstas.

Programa completo do Entroido de Ourense 2022

Desde o día 24 de febreiro e ata o 2 de marzo, Ourense será a Capital do Entroido e agarda acoller a un importante número de visitantes. O entroido volve con forza a Ourense.

Programa completo do Entroido de Ourense 2022

Xoves – 24 de febreiro (Xoves de comadres)

  • 00.00h – Animación polas rúas da cidade con Trópico de grelos, Latexo percusión, BrassicaRapa, Somdolilá

Vernes – 25 de febreiro

  • 11.30h II Desfile escolar de Entroido, homenaxe á Pita de Eiroás. (Praza Maior, rúa Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, rúa Santo Domingo, rúa da Paz, rúa das Tendas e Praza Maior) Animación con Nova Terra de Trives, Sorcha e Trópico de Grelos
  • 20.00h Animación entroidos tradicionais polas rúas da cidade.
  • 20.30h Animación polas rúas da cidade con Trópico de Grelos e Os Caliqueños.
  • 00.00h – Animación polas rúas da cidade con Támega, Dr. Anchoa, Alambique, Nova terra de Trives, Noroeste e Mekánika.
  • 00.30h Festicultores Troupe na Praza Maior

Sábado – 26 de febreiro

  • 12.30h Animación polas rúas da cidade con Castro Bello e Os Caliqueños.
  • 17.30h a 19.00h Festa Infantil na Praza Maior
  • 18.00h Animación polas rúas da cidade cos cabezudos e a charanga Europa.
  • 20.30h Animación polas rúas da cidade con Os perqtores, Aperta, El Brexit e Nova Terra de Trives.
  • 23.00h Sesión DJ´S na Praza Maior
  • 23.59h Baile ORQUESTRA FUNÇÃO PÚBLICA na rúa do progreso
  • 00.00h Animación polas rúas da cidade con Alambique, Dr. Anchoa, Noroeste, Trópico de grelos, Sorcha e Latexo percusión.
  • 00.30h Sesión DJ´S na praza do Correxidor

Domingo – 27 de febreiro

  • 12.30h Animación polas rúas da cidade con Alambique e Lou band.
  • 17.00h Desfile de comparsas e carrozas. (Saída das Lagoas, rúa Curros Enríquez, rúa Xoán XXIII, rúa Progreso e Praza Maior) Actuación das charangas Dr. Anchoa, Trópico de Grelos, CLK e Castro Bello.
  • 19.00h Baile ORQUESTRA MARBELLA na rúa do Progreso
  • 20.00h Entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas do entroido 2022 na rúa do progreso.

Luns – 28 de febreiro

  • 12.30h Animación polas rúas da cidade con CLK e Sorcha.
  • 17.30h a 19.00h Festa Infantil na Praza Maior con PESDELÁN-ENTROIDANZAS.
  • 18.00h Animación polas rúas da cidade cos cabezudos e a charanga El Brexit.
  • 20.30h Animación polas rúas da cidade con Fanfarria Taquikardia, Castro Bello, Sorcha, Os Caliqueños e Támega.
  • 23.00h Sesión DJ na Praza Maior.
  • 23.59h Baile coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES na rúa do progreso.
  • 00.00h Animación polas rúas da cidade con Trópico de Grelos, El Brexit, Noroeste, Aperta, Dr. Anchoa, Mekánika e Latexo percusión.
  • 00.30h Sesión DJ na Praza do Correxidor

Martes – 1 de marzo

  • 12.30h Animación polas rúas da cidade con Lou band e Nova Terrra de Trives.
  • 19.00h Baile co GRUPO ASSIA na rúa do progreso.
  • 20.30h Animación polas rúas da cidade con Nova Terra de Trives, Trópico de Grelos e CLK.

Mércores – 2 de marzo

  • 20.00h Enterro da Sardiña con saída na Praza Maior. (Percorrido: Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Parque de San Lázaro, Sto Domingo, Lepanto, Xoán de Austria, praza de Santa Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña)
Programa completo do Entroido de Ourense 2022

Entroido Eiroás – Festa da Pita

  • Sábado – 12 de febreiro
    13.00h Colga do Meco na praza das Eiroás
  • Domingo – 13 de febreiro
    17.00h DOMINGO FARELEIRO Na praza das Eiroás coa charanga Sorcha
  • Domingo – 20 de febreiro
    17.00h DOMINGO OLEIRO Xogo das olas coa Charanga Alambique
  • Xoves – 24 de febreiro
    Presentación do Entroido no Salón de Plenos do Concello de Ourense
  • Vernes – 25 de febreiro
    12.00h Desfile polas rúas do barrios co alumnado do CEIP Virxe de Covadonga
  • Sábado – 26 de febreiro
    SÁBADO DE ENTROIDO Entre lusco e fusco.- Folión do Entroido
  • Martes – 1 de marzo
    11.30h Alborada con máscaras e música coa charanga Noroeste
    12.30h Voda da Pita
    14.00h Xantar popular (as persoas asistentes traerán o seu propio xantar)
    17.30h Baile de disfraces coa orquestra Río Miño
    18.30h Concurso de disfraces
    17.30h Queima do meco

Entroido de Seixalbo – Paquita e Nicanor

Domingo – 20 de febreiro

  • 17.00h Praza dos Barreiros (Paquita e Nicanor). Recibimento dos mecos
  • 17.15h Ruada pola vila de Seixalbo coa animación da charanga “Sorcha”
  • 18.15h Praza Maior: Pregón a cargo de Entroideiros insignes
  • 18.30h Xogo das Olas e agasallos para a chavalada
  • 19.30h Chocolate e Fin de Festa

Vernes – 25 de febreiro

  • 11.30h VENRES DE ENTROIDO
    Desfile polas rúas do pobo, do alumnado do colexio CEIP Plurilingüe de Seixalbo, saída desde os Barreiros (Praza de Paquita e Nicanor) acompañados pola charanga “Brexit”

Domingo – 27 de febreiro

  • 13.00h Sesión Vermú amenizada polo Grupo “Airiños de Caldelas”
  • 14.00h Xantar de Entroido
  • 17.30h Gran baile de disfraces a cargo da Orquestra “MIRAMAR” E a Charanga “Brexit. O remate Tremenda Chocolatada
  • 19.00h Entrega premios de disfraces: Máscara máis nova, máis vella e Mascarada máis numerosa
  • 19.30h Festa Rachada

Martes – 1 de marzo

  • 17.00h Desfile de Entroido desde Os Barreiros (Praza de Paquita e Nicanor) acompañados polas charangas “Europa”, “Escachapeitos”e “CLK”
  • 18.00h Parque da Infesta: Celebración Vodas de Ouro e Diamantes de Paquita e Nicanor
  • 19.00h Convite e festa rachada
  • 20.00h Desfile polas rúas, e remate final coa queima dos mecos e coa súa entrega ás novas familias

Mércores – 2 de marzo

  • 21.30h Saída do Parque da Infesta da procesión e Enterro da Sardiña polas rúas da vila e posteriormente gran Sardiñada no punto de partida

Entroido – Frei Canedo da Ponte

Xoves – 24 de febreiro

  • Cea – baile na sede da confraría para todas as comadres da Ponte e acompañantes amenizado por “MÚSICA DE DISCO” (os homes obrigatorio vir disfrazados de muller)

Sábado – 26 de febreiro

  • 23.30h Baile de disfraces coa orquestra “SOLARA”

Domingo – 27 de febreiro

  • 11.00h Xogos populares para crianzas
  • 12.00h Sesión vermú co dúo “PÉGATE”
  • 13.00h Gran papatoria con CARNE AO CALDEIRO, POLBO, PAN E VIÑO
  • 19.00h Concerto – espectáculo de “MARÍA FUMAÇA”. Agasallos para todas as crianzas
  • 21.00h Concerto do grupo “La Banda”

Luns – 28 de febreiro

  • 18.00h Charanga e ruada para a xuntanza dos frades ao redor da Capela
  • 19.30h Comezo dos solemnes actos con:
    Presentación, Purificación do lugar co “POTEFUMEIRO”, Sermón a cargo de TINO CHURRERO, Bendición dos novos confrades.
  • 20.15h Saída da solemne procesión polas rúas da Ponte
  • 22.00h Xuntanza nos solemnes comedores para honrar a FREI CANEDO cunha cea para confrades acompañantes e amizades
  • 23.30h Baile de disfraces co grupo “AMÉRICA”
  • 00.00h Folión de fogos de artificio e lanzamento de globos por parellas desde a Ponte Romana

Programa en pdf

Programa completo do Entroido de Ourense 2022 en pdf:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba