O programa do Entroido de Laza 2023 mostra unha intensa actividade nunha das localidades onde a celebración desta festa atrae a máis visitantes.
A edición de 2023 do Entroido de Laza está chamada a ser a da recuperación absoluta trala pandemia. Un atractivo programa, moita tradición e unha gran afluencia de visitantes converterán a Laza, unha vez máis, nunha das capitais do Entroido na Provincia de Ourense.
Para os veciños de Laza, o Entroido non é unha festa máis. Como nos mostraba Xacobo García Novoa nun artigo publicado en 2022 nesta web, «Para un lazano é distinto, témolo como un sentimento».
https://ourensenarede.com/viva-o-entroido-de-laza/
Programa do Entroido de Laza 2023
A programación do Entroido de Laza para este ano 2023 comezará o venres, 27 de xaneiro, e rematará o martes, 21 de febreiro.
Os folións serán os encargados da apertura desta edición do entroido que contará con numerosos grupos musicais, actividades infantís, formigas, baixada da morena, farrapada, maragatos, etc…
Folións
- Venres, 27 de xaneiro
23h – Folión Trebón do Mildeu - Venres, 3 de febreiro
23h – Folión Trebón do Mildeu - Venres, 10 de febreiro
23h – Folión As Maceiras
Xoves de Comadres
- Xoves, 16 de febreiro
14:30h – Folión dos Nenos do CEIP «O Castiñeiro»
Cea das Comadres
Verbena co Grupo 3.com
Venres de Folión
- Venres, 17 de febreiro
Os Calandracas
00:00h – Gran Folión polas rúas de Laza
Sábado de Cabritadas
- Sábado, 18 de febreiro
Feiticeitos do Son
Fariñada dos nenos
Troula e Cabritada dos mozos do pobo
Verbena co Grupo 3.com
Domingo de Estrea
- Domingo, 19 de febreiro
Estrea dos Peliqueiros
Pasarrúas con charangas
Reparto de Bica dos Peliqueiros
Desfile das carrozas típicas pola tarde
Baile con charanga
Cea con Grupo JB Son
Luns Borralleiro
- Luns, 20 de febreiro
Pasarrúas con charanga e grupo tradicional
Farrapada, Maragatos e Xitanada dos Burros
Música de charanga e batukada pola tarde
En Cimadevila, Baixada da Morena con formigas, toxos e cobelleiros
Reparto da cachucha na Picota
Animación musical cos Festicultores
Verbena coa Orquestra Triunfo
Martes de Entroido
- Martes, 21 de febreiro
Saída dos Peliqueiros veteráns pola mañá
Pasarrúas con charanga e grupo tradicional
Baile coa Orquestra La Ocaband
Testamento do Burro
Enterro do Entroido
Loito dos Peliqueiros
Animación musical coa charanga Louband