Eventos

Programa do Entroido 2024 en Lobios

O programa do Entroido para o ano 2024 en Lobios presenta tres días de intensas actividades cun protagonista claro, os Follateiros.

A figura dos Follateiros é o elemento máis recoñecible do Entroido de Lobios e gozan de gran protagonismo na programación desta festa.

Programa do Entroido 2024 en Lobios

Non faltará espazo para os máis cativos nunha celebración que comeza o venres, 9 de febreiro, cun desfile infantil.

Venres, 9 de febreiro

  • 11h – Desfile Infantil pola Travesía de Lobios á coa participación de nenos e nenas do CEIP do Xurés e as Casas Niño Os paxariños do Xurés e O RIncón Máxico. Participarán tamén os Follateiros de Lobios e os Cabreiros de Muiños.

Sábado, 10 de febreiro

Programa do Entroido 2024 en Lobios
  • Percorrido dos Follateiros
    10h – A Cela
    10:30h – Puxedo
    11h – Esperanzo
    11:30h – San Paio – Reguengo – Prencibe
    12h – A Vila
    12:30h – San Martiño, A Portaxe
    13h – Ganceiros e Xendive
    13:30h – Feira de Lobios
    15:30h – Compostela e Ludeiros
    16h – Manín
    16:30h – Padrendo
    17h – Río Caldo
    17:30h – Devesa e Vilameá
    18:30h – Grou

Domingo, 10 de febreiro

  • Percorrido dos Follateiros
    10h – Gustomeau
    10:30h – Delás
    11 a 13h – Barrios de Lobios
    15:30h – Locais de Lobios
    16h – Desfile de Entroido de Lobios
  • Desfile de Entroido
    16h – Saída desde o Cuartel ata a Praza Roxa. Regreso ó Pavillón de Deportes
    17:30h – Demostración do baile da Sanrela cos danzantes de Vilameá e A Devesa. Lectura dos Testamentos dos Follateiros
    18h -Concurso de disfraces das distintas categorías
    19h – Chocolatada
    19:30h – Entrega de Premios

Botón volver arriba