Xa coñecemos o programa do Entroido de Barbadás para o ano 2024 trala presentación realizada polos responsables municipais.
Ana Belén Peleteiro, concelleira de cultura de Barbadás, presentou as actividades que forman a programación do Entroido deste ano.
Barbadás prepara o Entroido de 2024
Nesta edición, desde a concellería de cultura trataron de implicar a outras áreas municipais. «Tratamos así de implicar a toda a cidadanía nesta celebración moi agardada e que aquí conta con gran tradición», indicou Ana Belén Peleteiro.
O programa de Entroido de Barbadás terá un desfile infantil que protagonizarán os alumnos e alumnas dos colexios polas rúas da Valenzá. Non faltará o desfile do martes de Entroido que atrae a multitude de persoas en cada edición.
«O Entroido vívese neste concello con gran intensidade e queremos dedicar a festa á infancia con actividades que pensan en transmitir a tradición de xeración en xeración» destacou Xosé Carlos Vlacárcel, alcalde de Barbadás.
Programa do Entroido de Barbadás 2024
- 27 de xaneiro
17:00 a 20:00 horas – Obradoiro de Mecos dirixido ás familias no Museo da Gaita de Fole. - 29 de xaneiro
Obradoiro de Compadres e Comadres no CEIP Filomena Dato. - 31 de xaneiro
Obradoiro de Compadres e Comadres no CEIP O Ruxidoiro. - 1 de febreiro
12:30 horas – Regueifa de Compadres na Praza Vella da Valenzá. - 2 de febreiro
17:00 horas – Obradoiro de Gorros de Labardeiros no Museo da Gaita. - 3 de febreiro
Mascaradas Ancestrais. Dedicada ás Señoritas e Labardeiros de Mugares. - 7 de febreiro
20:00 horas – Masterclass especial de Entroido. Polideportivo municipal. - 8 de febreiro
12:30 horas – Regueifa de Comadres. Praza Vella da Valenzá. - 9 de febreiro
12:00 horas – Desfile infantil e do Centro Ocupacional das Burgas pola avenida de Celanova.
20:00 horas – Pregón con Improversados e sesión disco-móbil.
21:30 horas – Cea de comadres nos establecementos hostaleiros. - 12 de febreiro
16:00 horas – Festa e concurso de disfraces infantil. Parque da Solaina.
18:00 horas – Photocall especial do Entroido amenizado por DJ. Casa da Mocidade. - 13 de febreiro
17:00 horas – Gran desfile de Entroido. Avenida de Celanova. - 14 de febreiro
20:00 horas – Desfile fúnebre e queima dos Mecos. Avenida de Celanova.
21:00 horas – Espectáculo de danza aérea con lume e fogos artificiais. Praza Vella da Valenzá.