Eventos

Programa completo do Entroido de Barbadás 2026

O programa do Entroido de Barbadás 2026 aposta con forza polos actos tradicionais e por unha axenda ampla que se estenderá ao longo de varios días, con desfiles, pregón, charangas, regueifas, cantos de taberna e actividades infantís como principais atractivos.

A programación foi presentada polo Concello de Barbadás, que destaca un Entroido “intenso e extenso”, con propostas pensadas para todos os públicos.

Programa completo do Entroido de Barbadás 2026

As primeiras actividades do Entroido de Barbadás xa se iniciaron esta semana cos obradoiros de compadres e comadres nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro.

Programa completo do Entroido de Barbadás 2026
Cartel do Entroido de Barbadás 2026.

Estes actos previos completaranse co obradoiro de elaboración da máscara dos Follateiros de Lobios e coas regueifas infantís, que servirán de antesala aos días grandes da celebración.

Un dos momentos destacados da programación chegará o venres 13, xornada na que terá lugar o desfile infantil dos centros educativos. Este ano, o desfile recupera o formato tradicional, no que cada centro desfila por separado, co obxectivo de mellorar a organización e reforzar a seguridade.

Ese mesmo venres celebrarase o pregón do Entroido, a cargo de Xusto Calviño e do Grupo defensor do Meco, na Glorieta da Familia. O acto estará acompañado pola actuación do Grupo Zoadeira e polos cantos de taberna de Cuncas do Son, que realizarán unha rolda musical polos establecementos hostaleiros da Valenzá ata as 22:30 h, marcando o inicio oficial da festa.

A música terá un papel protagonista durante toda a fin de semana. O sábado, a Charanga Big Band percorrerá as aldeas do concello entre as 17:00 e as 21:30 h, levando o ambiente do Entroido a todo o municipio. O domingo pola mañá, de 10:00 a 14:00 h, será a quenda da Charanga Europa, que animará as rúas da Valenzá.

Para o luns de Entroido, dedicado aos máis pequenos, haberá unha Festa Infantil de Disfraces no Parque da Solaina, a partir das 16:30 h, unha das citas máis familiares do programa.

Gran desfile de Barbadás

Na xornada do martes de Entroido celebrarase o Gran Desfile de Barbadás, unha das citas máis multitudinarias da programación, que terá lugar na Avenida de Celanova. O desfile desenvolverase de 17:00 a 20:00 h, con entrega de premios ás mellores comparsas e animación musical ao remate. As inscricións para participar permanecerán abertas ata o 16 de febreiro ás 12:00 h. Para facilitar a asistencia, o párking do Carrefour estará habilitado para o estacionamento de vehículos.

A programación do Entroido de Barbadás 2026 pecharase o mércores 18 co Desfile Fúnebre e a Queima do Meco, que comezará ás 20:00 h. Viúvas, bispos, cregos e monxas acompañarán ao meco ata a Praza Vella da Valenzá, onde se porá o punto e final á celebración.


Listado de actos do Entroido de Barbadás 2026

  • Obradoiros de compadres e comadres
    CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro
  • Obradoiro da máscara dos Follateiros de Lobios
    Sábado previo ao Entroido
  • Regueifas infantís de compadres e comadres
  • Venres 13
    • Desfile infantil dos centros educativos
    • Pregón do Entroido, na Glorieta da Familia
    • Actuación do Grupo Zoadeira
    • Cantos de taberna con Cuncas do Son (ata as 22:30 h)
  • Sábado
    • Charanga Big Band polas aldeas (17:00 – 21:30 h)
  • Domingo
    • Charanga Europa na Valenzá (10:00 – 14:00 h)
  • Luns de Entroido
    • Festa Infantil de Disfraces no Parque da Solaina (16:30 h)
  • Martes de Entroido
    • Gran Desfile de Barbadás, na Avenida de Celanova (17:00 – 20:00 h)
    • Entrega de premios e animación musical
  • Mércores 18
    • Desfile Fúnebre e Queima do Meco (20:00 h)

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.