O programa do Entroido de Laza 2025 comezará o 7 de febreiro co primeiro dos Venres de Folións e rematará o 9 de marzo co Domingo de Piñata.
A localidade de Laza posúe un dos mellores Entroidos de Galicia a pesares de non ter a poboación doutras vilas como Xinzo, Verín ou Ourense.
Programa do Entroido de Laza 2025
Este concello da provincia de Ourense figura nas axendas de todos aqueles que viven o Entroido con paixón e viaxan todos os anos ata esta localidade para vivir unha das mellores festas. Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, o Entroido de Laza terá no 2025 un intenso e variado programa de actividades.
Os folións, a cea do cocido, a fariñada, a farrapada, a baixada da morena ou o testamento do burro son algunhas das citas deste entroido.
7, 14 e 21 de febreiro – Venres de Folións
- 23h – Folións desde o fondo da Cerdeiriña, con chocos, fachóns e bombos, percorrendo as rúas da Cerdeiriña, A Picota, A Rúa, Souteliño e Cimadevila.
27 de febreiro – Xoves de Comadres
- 14h – Folión dos Nenos do CEIP O Castiñeiro polas rúas de Laza
- Pola Noite, Cea das Comadres
- Verbena ata que o corpo aguante co Grupo 3.com
28 de febreiro – Venres de Folión
- Pola tarde, pasacalles e troula asegurada co grupo tradicional «Tanto nos Ten» polas rúas de Laza.
- 21:30h – Cea de Cocido na carpa instalada na entrada de Laza
- 00:00h – Gran Folión, con saída desde o fondo da Cerdeiriña, con chocos, fachóns e bombos percorrendo as rúas da Cerdeiriña, A Picota, A Rúa, Souteliño e Cimadevila ata altas horas da madrugada.
1 de marzo – Sábado de Cabritadas
- Pola tarde, pasacalles co grupo «Tanto nos Ten» polas rúas de Laza.
- Fariñada na Praza da Picota e ao remata música co Grupo LouBand
- Pola noite, cea dos mozos do pobo e ao remate a verbena co Grupo 3.com
2 de marzo – Domingo de Estrea
- Pola mañá, Estrea dos Peliqueiros e pasacalles con charangas
- Saída da misa, Saúdo dos peliqueiros e reparto da bica dos peliqueiros na Praza da Picota
- Á media tarde, Desfile das Carrozas Típicas e troula polas rúas co grupo tradicional «Os Varacuncas» e cunha charanga
- Baila coa charanga «Los Támega» e verbena coa actuación da Orquestra M3 Show
3 de marzo – Luns Borralleiro
- Pasacalles con grupos tradicionais
- Pola mañá, Farrapada na Praza da Picota, Maragatos e Xitanada de Burros e ó remate, música con charanga
- Pola tarde, na Picota, música con charanga. Ao remate Baixada da Morena, acompañada das formigas, toxos e cabelleiros. Reparto das Cachuchas na Picota.
- Animación musical cos Festicultores e verbena coa orquestra Triunfo
4 de marzo – Martes de Entroido
- Pasacalles con charanga e grupo tradicional
- Pola mañá, Saída dos peliqueiros veteráns
- Pola tarde, baile coa Orquestra Alma Latina e Testamento do Burro, co reparto dos veciños, Enterro do Entroido e Loito dos Peliqueiros
- Á noitiña, animación musical con charanga
9 de marzo – Domingo de Piñata
- Pulpeira na Praza da Picota para todos os interesados e animación musical con charanga
2 comentarios