O programa do Entroido de Sande do ano 2025 contará con tres días de actividades con principal protagonismo das bonitas.
O sábado, 1 de marzo, o domingo, día 2, e o martes, 4 de marzo son as datas sinaladas para festexar este entroido no concello de Cartelle.
Programa do Entroido de Sande 2025
Entre as actividades propostas figuran citas gastronómicas, o percorrido das bonitas pola parroquia e a captura do Oso.
Sábado, 1 de marzo
- Xantar nas adegas de Mogos
- Animación musical cos gaiteiros «Somos nós»
- Saída e captura do Oso
- Degustación de «Sopa de Pedra»
Domingo, 2 de marzo
- As bonitas reciben ós feligreses á saída da misa
- Percorrido polas aldeas da parroquia
Martes, 4 de marzo
- Percorrido das Bonitas, Oso, Vaca e Avutardas polo pobo con charanga
- Xantar popular
- Procesión ata o cruceiro co «toxo licoreiro»
- Tarde de música, baile e os nosos «números»