Eventos

Programa da III Foliada das Letras Galegas en Barbadás

Xa coñecemos o programa completo da III Foliada das Letras Galegas que organiza o concello de Barbadás para o venres, 17 de maio.

No 2024, a poeta e ensaísta Luisa Villalta é a homenaxeada no Día das Letras Galegas que o concello de Barbadás celebra organizando este evento.

Programa da III Foliada das Letras Galegas en Barbadás

A programación prevista para toda a xornada terá lugar no Parque dos Carrís, espazo situado preto do Polideportivo Municipal de Barbadás. Ademais das propostas musicais e gastronómicas, os asistentes poderán visitar varios postos de produtos artesanais e os máis pequenos contarán cunha variada oferta de xogos e obradoiros.

Como é habitual a Banda de Música ofrecerá un concerto ás 13h. A continuación, o grupo de Cantos de Taberna Cuncas do Son actuará na sesión vermú previa ó xantar popular. Unha vez rematado o xantar, está prevista a actuación do grupo de cantareiras e pandereteiras Zoadeira e do grupo Lambisqueiras a partir das 17h.

Rematadas estas actuacións, a programación inclúe un Obradoiro de Baile tradicional ás 18h e unha gran queimada con acompañamento musical dunha charanga.

Programa da III Foliada das Letras Galegas en Barbadás

Botón volver arriba