Noticias

Impulsan hábitos saudables con leite e froita nos centros educativos

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o IES Otero Pedrayo, beneficiario do programa autonómico de distribución de leite e froita.

A iniciativa, xestionada pola Consellería do Medio Rural a través do Fogga, destina este curso 2025/26 máis de un millón de euros aos centros educativos galegos.

Impulsan hábitos saudables con leite e froita nos centros educativos

Pardo explicou que o programa alcanza educación infantil, primaria e secundaria, incluíndo ESO, bacharelato e formación profesional.

Impulsan hábitos saudables con leite e froita nos centros educativos
Foto: Delegación da Xunta

A distribución realízase en dous períodos: o primeiro ata febreiro e o segundo de marzo a xuño. Durante 10 días lectivos consecutivos repartiranse froitas frescas e castañas, mentres que o leite líquido distribuirase tamén durante un mínimo de 10 xornadas escolares seguidas.

O delegado destacou que máis de 80.000 alumnos e alumnas se benefician anualmente deste programa, que busca fomentar hábitos alimenticios saudables entre a infancia e a mocidade. Para este curso, o investimento ascende a 373.978,84 euros en leite e 634.362,67 euros en froita, sumando un orzamento total de 1.008.341,51 euros.

Segundo Pardo, iniciativas coma esta contribúen ao crecemento físico, psíquico e social do alumnado. Ao mesmo tempo, a familia desempeña un papel clave como modelo de referencia na alimentación dos menores. Destacou tamén programas complementarios da Xunta, como Obesidade Zero, que busca optimizar os menús dos comedores escolares e promover unha alimentación equilibrada.

“É unha responsabilidade colectiva impulsar hábitos saudables na infancia e na mocidade”, afirmou o delegado, subliñando o compromiso da Xunta coa saúde das novas xeracións.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.