Eventos

Bande presenta un amplo programa de Nadal para 2025

O Concello de Bande difundiu o seu Programa de Nadal 2025, unha proposta que combina tradición, cultura, gastronomía e actividades familiares, e que se estenderá desde finais de novembro ata comezos de xaneiro.

O obxectivo é dinamizar o municipio e ofrecer alternativas para todas as idades durante as festas.

Bande presenta un amplo programa de Nadal para 2025

O programa arrinca o 28 de novembro co espectáculo de Mago Teto no salón de actos do Concello, e dá paso ao longo do mes á tradicional Campaña Solidaria de Nadal, centrada na recollida de alimentos na biblioteca municipal en colaboración cos Servizos Sociais.

Un dos momentos máis agardados chegará o 5 de decembro co acendido do alumado e da decoración de Nadal na Praza da Constitución, que incluirá chocolatada aberta a toda a veciñanza.

Mercados, deporte e encontros familiares

O Mercado Xurés volverá celebrar dúas edicións, o 7 de decembro e o 4 de xaneiro, con apertura de 11:00 a 14:30 horas. A primeira xornada incluirá visita guiada, showcooking de porco celta e degustación, nun acto organizado por Asoporcel coa colaboración da Deputación de Ourense.

Do 15 ao 31 de decembro desenvolverase o Campionato de Pádel, con inscripcións ata o 10 de decembro e premios para os tres primeiros clasificados.

O 17 de decembro Bande vivirá un encontro especial coa tradicional videochamada con Papá Noel, dirixida aos máis pequenos. Os días 18 e 19 celebraranse os obradoiros infantís de Nadal na biblioteca municipal.

Concertos, teatro e actividades creativas

O 21 de decembro terá lugar un dos eventos culturais destacados, o concerto de Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro.

A programación continúa o 23 de decembro cos contacontos de Nadal. Do 22 de decembro ao 8 de xaneiro poderá visitarse na biblioteca a exposición Desexadas, elaborada polo alumnado do CEIP Xoaquín Lourenzo.

O 27 de decembro, o salón de actos acollerá a comedia “Os Marcos” a cargo de As Barallocas, mentres que o día 28 será a quenda dos Xogos Navideños no pavillón municipal.

Para o público infantil, o 29 de decembro chega Pazolandia, con inscrición previa limitada. O 30 de decembro celebrarase a Precampás Kids Fest, con música, campanadas e cotillón.

Ruta de pinchos, Cabalgata de Reis e servizo de ludoteca

Entre o 2 e o 3 de xaneiro desenvolverase a Ruta de Pinchos. Este evento contará coa participación de varios establecementos locais e dous premios económicos, de 1.000 e 2.000 euros, para os mellores clasificados.

O Nadal pechará coa Cabalgata dos Reis Magos o 5 de xaneiro, sempre que o permitan as condicións climatolóxicas. O desfile rematará no salón de actos con chocolatada e música.

Ademais, a biblioteca ofrecerá servizo gratuíto de ludoteca do 7 ao 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 horas, con inscrición obrigatoria antes do día 19.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.