O programa do Ponte Farruca 2024 que se celebra na localidade de Laza conta con numerosas actividades entre as que se inclúen unha tractorada e propostas musicais.
O propósito co que naceu esta Romería á reivindicar a igualdade da muller e a diversidade sexual e de xénero no rural.
Ponte Farruca en Laza
Grazas ó traballo realizado polos organizadores, o Ponte Farruxa de 2024 contará cun amplo e valioso programa de actividades. A I Concentración de Clásicos e a II Tractorada engalanada teñen un papel destacado nun cartel no que tamén se anuncia unha Feira de exposición e venta de maquinaría agrícola.
A edición de 2024 tamén terá unha Feira de Artesanía, sesión vermú, Farruca Dates, Cinema Rural ou un obradoiro de Baile que dan forma a un programa intenso cheo de propostas para todas as idades.
No apartado de actuacións musicais, o Ponte Farruca 2024 contará coa participación de grupos como Mondra, autor da canción Marimondra, un himno pro LGBTIAQ+ presentado recentemente cunha gran acollida.
Silveiras do Támega, Kuartetas, De Ninghures, DJ Celulite ou Monoulious DOP completan o programa de actuacións musicais.
Programa do Ponte Farruca 2024
Pola mañá:
- 9-9:30h – Recepción Clásicos
- 10h – Ruta Clásicos
- 11-11:30h – Recepción Tractores
- 11:30-13h – 1ª Proba Tractores
- 13-14:30h – Tractorada Engalanada
Pola tarde:
- 16-18:30h – 2ª Proba Tractores «Experimentados»
- 16:30-17:30h – Ruta Clásicos Laza
- 19:30h – Entrega Premios
- 20-00:00h – Foliada Aberta – Concertos