Eventos

Programación do Entroido de Barbadás 2023

A programación do Entroido de Barbadás de 2023 chega ás nosas mans cun amplo listado de propostas que permitirán gozar desta festa á veciñanza e os visitantes que se despracen durante esas datas.

Tempo de Entroido en Barbadás é un programa de actividades nas que está involucrado o concello e os sectores da hostalería, comercio e educativo.

Programación do Entroido de Barbadás 2023

Durante a presentación do programa de Entroido deste ano, a concelleira de cultura, Marga Pérez, destacou que «É un Entroido para todos, un Entroido moi interesante que seguirá sendo unha cita obrigada da zona metropolitana de Ourense».

Programación do Entroido de Barbadás 2023

Máis de 6.000 euros en premios para os participantes no desfile do martes de Entroido, un concurso de mecos e animación musical son algunhas das propostas que atopamos na programación.

Tempo de Entroido en Barbadás

Mércores, 1 de febreiro

  • Apertura do prazo de inscrición para participar no desfile do Martes de Entroido.

Luns, 6 de febreiro

  • Obradoiro de Comadres e Compadres con Sabela Gago

Mércores, 8 de febreiro

  • Obradoiro de Comadres e Compadres con Sabela Gago

Xoves, 9 de febreiro

  • Regueifas de Compadres na Praza Vella (12:30h)

Xoves, 16 de febreiro

  • Regueifas de Comadres na Praza Vella (12:30h)

Venres, 17 de febreiro

  • Desfile do alumnado dos colexios do concello e o Centro Ocupacional (12h.)
  • Colga dos Mecos na Rotonda da Familia
  • Pregón de Pepo Suevos, actor e monologuista (20h)
  • Cea/baile de Comadres no Local Fonval (21:30h)
  • Discomóbil na Rotonda da Familia

Sábado, 18 de febreiro

  • Animación con charangas pola Avenida de Celanova (20h)
  • Scaperoom na Casa da Mocidade

Domingo, 19 de febreiro

  • Pasarrúas con charangas polas parroquias do concello

Luns, 20 de febreiro

  • Festa e concurso infantil de disfraces (16h)
  • Obradoiro de Maquillaxe artístico
  • Teenagers Party con Gramola Disco e DJ de Melo (20:30h)

Martes, 21 de febreiro

  • Desfile de Entroido (17h)

Mércores, 22 de febreiro

  • Procesión e queima do Meco (20:30h)
  • Espectáculo de lume na Praza Vella da Valenzá (21:30h)

Botón volver arriba