Eventos

Programa do Entroido de Frei Canedo da Ponte 2026

A programación do Entroido de Frei Canedo volverá encher de festa o barrio da Ponte, en Ourense, entre os días 12 e 16 de febreiro.

Será cun conxunto de actividades que combinan tradición, humor, participación veciñal e música en directo.

Programa do Entroido de Frei Canedo da Ponte 2026

O programa inclúe citas gastronómicas, propostas para a infancia, actos solemnes e grandes bailes de disfraces, consolidando esta celebración como unha das máis singulares do Entroido ourensán.

Programa do Entroido de Frei Canedo da Ponte 2026

O inicio da festa chegará o xoves 12 de febreiro, co Xoves de Comadres, unha das xornadas máis populares do calendario. A cea de comadres, prevista para as 21:30 h na carpa do parque da Ribeira de Canedo, esixirá acudir con disfrace feminino. Esa noite prolongarase cun baile de disfraces, desde as 23:00 h, animado por dúo musical e DJ.

A música será a protagonista o venres 13 de febreiro, cunha festa DJ que reunirá a varios dos DJ máis coñecidos da cidade e do barrio da Ponte, a partir das 22:00 h.

O sábado 14 de febreiro estará marcado pola animación nas rúas e polos bailes de disfraces. Pola mañá, ás 12:00 h, celebrarase un pasarrúas a cargo de Cantares da Cunha polo barrio. Pola tarde haberá baile de disfraces infantil, ás 18:00 h, seguido dun baile de disfraces con DJ, ás 21:00 h, e dunha verbena coa orquestra La Noria, desde as 23:00 h.

O domingo 15 de febreiro dedicarase ás familias co Día das Crianzas, cun programa continuo desde as 11:00 h con xogos populares, inchables e talleres de maquillaxe. Durante a xornada tamén se desenvolverá un obradoiro de elaboración de queixos para os máis pequenos, entre as 11:00 e as 19:00 h. Non faltará a sesión vermú con discomóbil, ás 12:00 h, nin o xantar popular, ás 13:30 h, con polbo, carne ao caldeiro, empanada, pan e viño. A tarde pecharase cun espectáculo infantil con agasallos, ás 19:30 h, e co concerto do grupo local Santa Compaña, ás 22:00 h.

Día grande de Frei Canedo

O luns 16 de febreiro, Día Grande de Frei Canedo, concentrará os actos máis simbólicos. Pola mañá, ás 12:00 h, haberá un pasarrúas de Aperta Percusión polo barrio. Xa pola tarde, ás 18:30 h, celebrarase a xuntanza de cofrades e cofradesas arredor da capela e, a partir das 19:30 h, comezarán os solemnes actos, coa purificación do lugar co potafumeiro, a bendición da súa Santidade, un sermón a cargo de Champi Muros, un influencer moi recoñecido, e a bendición dos novos cofrades e cofradesas.

A solemne procesión sairá ás 20:00 h polas rúas da Ponte. Ás 21:30 h terá lugar a entrega de premios dos concursos de comparsas, escaparates e cartel oficial. A xornada culminará coa cea para cofrades e amizades, ás 22:00 h, música en directo con DJ desde as 22:15 h, un folión de fogos de artificio, ás 23:55 h, e o baile de disfraces coa orquestra Solara, a partir das 24:00 h.

Programa detallado de Frei Canedo da Ponte 2026

Xoves, 12 de febreiro · Xoves de Comadres

  • Cea de comadres
    21:30 h · Carpa do parque da Ribeira de Canedo
    Imprescindible acudir con disfrace feminino
  • Baile de disfraces con dúo musical e DJ
    23:00 h · Carpa do parque da Ribeira de Canedo

Venres, 13 de febreiro

  • Festa DJ con DJ recoñecidos da cidade e do barrio da Ponte
    A partir das 22:00 h

Sábado, 14 de febreiro

  • Pasarrúas a cargo de Cantares da Cunha
    12:00 h · Polo barrio da Ponte
  • Baile de disfraces infantil
    18:00 h
  • Baile de disfraces amenizado por DJ
    21:00 h
  • Baile de disfraces coa orquestra La Noria
    23:00 h

Domingo, 15 de febreiro · Día das Crianzas

  • Xogos populares, inchables e talleres de maquillaxe
    A partir das 11:00 h, durante todo o día
  • Obradoiro de elaboración de queixos
    De 11:00 a 19:00 h
  • Sesión vermú con discomóbil
    12:00 h
  • Xantar popular
    13:30 h · Polbo, carne ao caldeiro, empanada, pan e viño
  • Espectáculo infantil e agasallos
    19:30 h
  • Concerto do grupo local Santa Compaña
    22:00 h

Luns, 16 de febreiro · Día Grande de Frei Canedo

  • Pasarrúas a cargo de Aperta Percusión
    12:00 h · Polo barrio da Ponte
  • Xuntanza de cofrades e cofradesas
    18:30 h · Arredor da capela
  • Solemnes actos
    19:30 h
  • Solemne procesión
    20:00 h · Polas rúas da Ponte
  • Entrega de premios (comparsas, escaparates e cartel oficial)
    21:30 h
  • Cea para cofrades e amizades
    22:00 h
  • Música en directo con DJ
    22:15 h
  • Folión de fogos de artificio
    23:55 h
  • Baile de disfraces coa orquestra Solara
    24:00 h

Botón volver arriba