Intensa programación a que atopamos para conmemorar o 25 de novembro no concello de Allariz con actividades que terán lugar entre o 21 e o 27 de novembro.
O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres.
Maribel Poisa Rey, concelleira de Benestar Social, e Cristina Outeiriño, técnica de igualdade do Concello de Allariz, foron as encargadas de presentar a programación do 25N.
Programación para o 25 de novembro en Allariz
O lema das xornadas de este ano é «Faino por ti». A eliminación da violencia contra as mulleres, a discriminación, os prexuízos ou os estereotipos de xénero son algúns dos obxectivos a lograr. O método para logralo son a educación, a igualdade e a construción dunha sociedade libre de violencia machista.
- Luns, 21 de novembro
Charla obradoiro de empoderamento e sororidade entre mulleres ás 17:00h no Fogar dos Maiores.
Imparte a charla Dora Cabaleiro e leva por titulo “Sacala voz”. - Martes, 22 de novembro
Obra de teatro «Golpes» no IES de Allariz. - Mércores, 23 de novembro
Charla sobre relacións sas e o bo uso das redes sociais, con Lucía Fernández Coutado ás 19:00h no Fogar dos Maiores. - Venres, 25 de novembro
Lectura do manifesto contra a violencia de xénero na Praza Maior ás 12h. - Domingo, 27 de novembro
Teatro de rúa contra a violencia de xénero “Non cantes para min cancións tristes” do grupo de Teatro Silvaldeiras dende o Campo da Barreira ás 17h.
