Noticias

As turbeiras do Larouco, clave contra o cambio climático

Durante unha visita ao Coto Farelo, expertos da USC advertiron da importancia das turbeiras como aliadas clave contra o quecemento global e reclamaron medidas activas de conservación fronte ás ameazas que as rodean.

Fíxoo o pasado domingo nunha visita científica ao hábitat prioritario do Coto Farelo, na Serra do Larouco, incluída no ciclo Os Meses do Larouco, impulsado por colectivos ecoloxistas e veciñais.

As turbeiras do Larouco, clave contra o cambio climático

As turbeiras son sumidoiros de carbono… mentres funcionen ben. Se non, esa materia orgánica oxidarase e irá á atmosfera”, advertiu Xabier Pontevedra, edafólogo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e responsábel do principal equipo de investigación en turbeiras do Estado.

As turbeiras do Larouco, clave contra o cambio climático

Pontevedra explicou que, aínda que estes ecosistemas apenas ocupan o 3% da superficie terrestre, son quen de almacenar até 500 petagramos de carbono. Isto convérteos no maior aliado natural contra o quecemento global. “Isto xa sería suficiente para que fósemos alí coidar con pinceis cada turbeira”, afirmou.

Na posterior conferencia celebrada no Centro Social de Baltar, tamén participou o xeógrafo da USC Marcos Valcárcel. Ambos científicos puxeron en valor a recente inclusión das turbeiras do Larouco no Inventario de Zonas Húmidas de Galiza. Este recoñecemento é clave para blindar estes hábitats fronte a ameazas futuras como os proxectos eólicos Tramontana e Mistral, que foron paralizados por declaracións de impacto ambiental negativas en 2023.

Os investigadores destacaron que o estado de conservación destes ecosistemas pode mellorar significativamente con intervencións mínimas. A recuperación da contorna permitiría ás turbeiras cumprir tamén o seu papel como reguladoras do réxime hídrico, mantendo caudais en ríos de cabeceira.

Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova recolleu as recomendacións científicas e propón aplicar medidas de conservación xa activadas noutros puntos como O Xistral ou Lousame. A organización ecoloxista, xunto ao Movemento Ecoloxista da Limia, comprometeuse a promover o coidado dos humidais das comarcas e a colaborar coas comunidades de montes e as administracións na súa divulgación.

As turbeiras son tamén depuradoras naturais de augas”, lembraron os expertos, salientando así a súa relevancia para a saúde pública. Ademais, fixeron un chamamento á cidadanía para colaborar na identificación doutros humidais aínda non catalogados, co fin de enriquecer un inventario que continúa aberto.

Xunto ás turbeiras do Larouco, sitúanse outras dúas zonas húmidas ameazadas por proxectos eólicos. A primeira é a Lagoa Grande, de 0,25 hectáreas no Monte Grande (Bande). A outra é o humidal de Baldriz, en Cualedro, que ocupa media hectárea, parte da cal foi habilitada como área recreativa.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.