Noticias

O PSdeG leva ao Parlamento o estado da OU-540

O PSdeG-PSOE de Ourense levará ao Parlamento de Galicia iniciativas polo “deplorable” estado da OU-540, sobre todo no tramo entre Bande e a fronteira portuguesa, na comarca da Baixa Limia.

As e os socialistas esixen á Xunta actuacións “urxentes e inmediatas” para reparar o firme e garantir a seguridade viaria.

O PSdeG leva ao Parlamento o estado da OU-540

Segundo trasladan dende o partido, tamén reclamarán unha avaliación técnica completa do estado da estrada, coa publicación dun informe que detalle os riscos actuais e as necesidades de intervención a curto e medio prazo.

A deputada autonómica Carmen Rodríguez Dacosta asegura que “presentamos esta batería de iniciativas polo lamentable estado da OU-540, exemplo claro do abandono continuado da Xunta á Baixa Limia”. Engade que o Goberno galego debe pasar “de anuncios publicitarios a feitos concretos”.

O PSdeG leva ao Parlamento o estado da OU-540
Foto: PSdG

Dende o PSOE ourensán critican que, malia os anuncios reiterados dende 2009, non se executaron actuacións integrais nin se dotaron partidas suficientes. Lembran que recentemente se licitaron obras por 6 millóns de euros entre Casal do Bispo e Bande, pero denuncian que non existe consignación para o tramo entre Bande e a fronteira, onde, segundo sinalan, as fochancas supoñen un risco constante.

Publicaciones relacionadas

O alcalde de Entrimo, Ramón Alonso, afirma que a situación da vía reflicte “a deixadez e a falta de compromiso coa Baixa Limia”. Pola súa banda, o voceiro socialista en Lobios, Patrick Rodríguez, cualifica de insuficiente a redución do proxecto anunciado en 2022, que pasou de 10,3 millóns para 42 quilómetros a 6 millóns para só 14.

O PSdeG-PSOE insiste en que a comarca precisa infraestruturas dignas e reclama un plan integral para a OU-540, así como a recuperación da prolongación da AG-31 ata a fronteira portuguesa.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.