Noticias

O PSdeG-PSOE reafirma o seu apoio ao Club Ourense Baloncesto

O Grupo Municipal Socialista de Ourense reafirma o seu compromiso e apoio ao Club Ourense Baloncesto (COB), destacando o labor que o club desenvolve tanto no ámbito deportivo como no social.

A voceira socialista, Natalia González, e as concelleiras do grupo reuníronse esta tarde coa directiva do COB para coñecer de primeira man o traballo que están a realizar para recuperar o espírito do baloncesto en Ourense e consolidar o deporte como símbolo de unidade e orgullo local.

O PSdeG-PSOE reafirma o seu apoio ao Club Ourense Baloncesto

Durante o encontro, as representantes socialistas valoraron o esforzo do club por fomentar un proxecto inclusivo, que vai máis alá da competición e busca implicar a toda a cidadanía. “Este ano apostamos polo COB máis en feminino ca nunca, acompañando o esforzo do club por dar máis visibilidade e espazo ao deporte e ás mulleres”, subliñou Natalia González.

O PSdeG-PSOE reafirma o seu apoio ao Club Ourense Baloncesto
Foto: PSOE

O PSdeG-PSOE de Ourense insistiu en que o Club Ourense Baloncesto é unha referencia para a mocidade e un exemplo de compromiso coa igualdade e o deporte de base, e comprometeuse a seguir apoiando iniciativas que reforcen o papel do baloncesto na cidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.