O PSdeG-PSOE de Barbadás conseguiu o respaldo do pleno ás dúas mocións presentadas, centradas na creación dunha contorna escolar sen tráfico na rúa do Ensino e na mellora das piscinas municipais.
A iniciativa sobre a mobilidade segura foi aprobada cos votos de PSdeG e BNG e a abstención do resto dos grupos. A proposta relativa ás piscinas saíu adiante por unanimidade.
O PSdeG logra apoio ás súas mocións en Barbadás
A concelleira Marga Pérez defendeu que a rúa do Ensino concentra servizos sensibles como o CEIP Filomena Dato, escola infantil, centro de maiores e dependencias municipais, polo que considera necesario avanzar cara un espazo máis seguro para as crianzas.

No tocante ás piscinas de Barbadás, Noemí Pintos reclamou melloras nos sistemas de depuración, nas piscinas pequenas e nos vestiarios, ademais de manter a oferta de actividades estivais.
Durante o pleno, as socialistas tamén criticaron ao PP e ao goberno local por non consultar á veciñanza en cambios de denominación de rúas e defenderon unha igualdade real apoiando unha moción do BNG.

