Noticias

O PSdeG critica a Jácome pola xestión “precaria” das concesións municipais

O grupo municipal do PSdeG no Concello de Ourense reclamou ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que deixe de buscar “escusas” e “a quen botar a culpa” pola situación das concesións de servizos públicos, caducadas desde 2018 e 2022, anos nos que gobernaron o PP e Democracia Orensana (DO), e prestándose “sen contrato e fóra da legalidade”.

A portavoz socialista, Natalia González Benéitez, denunciou a “incompetencia” e o “desleixo” dos gobernos anteriores. Lembrou que o actual rexedor mesmo levou ao xulgado ao seu antecesor por non licitar as concesións. “Se as concesións en precario non supoñen un custe maior para a veciñanza, por que tivemos que pagar varios millóns á empresa de transporte urbano?”, preguntou.

O PSdeG critica a Jácome pola xestión “precaria” das concesións municipais

O PSdeG anunciou abstención na modificación de crédito 7P, que habilita 24 millóns de euros para débedas reclamadas pola empresa de abastecemento de augas. Criticou que a medida “non vai poñer orde no desastre que teñen nos servizos”.

O PSdeG critica a Jácome pola xestión “precaria” das concesións municipais

Tamén votaron en contra da aprobación definitiva da ordenanza reguladora das tarifas do abastecemento e saneamento da auga, argumentando que repercute negativamente nas familias ourensás. A edil María Fernández Ojea lamentou que a ordenanza careza de implicación política e que exclúa bonificacións, beneficiando só a nove familias na cidade.

Na sesión plenaria extraordinaria desta mañá, o PSdeG expresou a súa preocupación pola modificación de crédito 5P, maioritariamente débedas do Concello. Instou ao goberno de DO a licitar as concesións en precario e executar o orzamento actual.

Ademais, desmentiron ao executivo sobre o chamado plan “ambicioso” de ampliación do servizo de prevención e extinción de incendios 2025-2028, sinalando que carece de medios técnicos e humanos suficientes. Para as concelleiras socialistas, ambicioso sería dotar a Ourense dunha infraestrutura moderna, que tamén servise á Policía Local e Protección Civil.

González Benéitez concluíu que o que se está a facer é “beneficencia máis que aposta real” polos empregados públicos e polos servizos essenciais da cidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.