Noticias

O PSdeG esixirá responsabilidades polo derrube no Hospital Materno Infantil

O PSdeG levará ao Parlamento de Galicia o novo derrube dun falso teito no Hospital Materno Infantil do CHUO, esixindo responsabilidades ao Goberno galego.

Trátase da terceira vez que se produce un incidente similar, o que, segundo denuncian, compromete a seguridade de persoal sanitario e pacientes.

O PSdeG esixirá responsabilidades polo derrube no Hospital Materno Infantil

O Partido Socialista de Galicia (PSdeG) anunciou que presentará no Parlamento galego unha iniciativa para esixir responsabilidades políticas tras o novo derrube dun falso teito no Hospital Materno Infantil do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

O PSdeG esixirá responsabilidades polo derrube no Hospital Materno Infantil

A deputada autonómica Carmen Rodríguez Dacosta criticou con dureza a “inxustificable neglixencia” do Goberno de Alfonso Rueda, ao manter en funcionamento unhas instalacións deterioradas e potencialmente perigosas. “Están poñendo en risco a mulleres embarazadas, neonatos e crianzas, a poboación máis vulnerable”, alertou.

As socialistas esixen, ademais, a reubicación temporal da actividade asistencial en espazos seguros mentres non se resolven as deficiencias. Reclaman tamén a comparecencia da Xunta para presentar, nun prazo máximo dun mes, un cronograma detallado sobre a apertura do novo edificio do hospital. Tamén reclaman que se teñan en conta as achegas do Comité Intercentros e das asociacións de afectadas.

Desde o PSdeG denuncian que a Consellería de Sanidade “segue sen ofrecer explicacións convincentes nin asumir responsabilidades políticas ou técnicas”. Critican que non se abrise ningunha investigación pública e rigorosa tras os reiterados incidentes. Ademais, lamentan a falta de avances nas obras do novo edificio, que prolongan a dependencia dunha infraestrutura “obsoleta e perigosa”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.