Eventos

O PSdeG-PSOE de Ourense conmemora o seu 129 aniversario

A Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense celebra este venres, 19 de setembro, o seu 129 aniversario cun acto de lembranza.

Neste acto lembrarán a dous históricos rexedores socialistas: Manuel Suárez, primeiro alcalde do Concello de Ourense, e Secundino Couto, alcalde de Canedo.

O PSdeG-PSOE de Ourense conmemora o seu 129 aniversario

A conmemoración terá lugar na sede do partido, ás 20:00 horas, e contará coas intervencións de Natalia González, secretaria xeral dos socialistas da cidade; Javier Quintas, secretario de Memoria Democrática da Comisión Executiva Municipal; e Xosé Lois Carrión, responsable da mesma área na Comisión Executiva Provincial.

Ademais de repasar a creación e o legado da agrupación política, o evento servirá para enxalzar a figura de Suárez e Couto, considerados dous referentes imprescindibles na traxectoria do socialismo ourensán e na historia democrática da cidade.

O PSdeG-PSOE de Ourense conmemora o seu 129 aniversario

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.