Noticias

O PSdeG de Ourense celebra 129 anos lembrando a Suárez e Couto

A Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense conmemorou os seus 129 anos de historia cun acto no que se destacou a memoria de Manuel Suárez e Secundino Couto. Ambos foron dous referentes do socialismo local e da vida política da cidade.

Este evento tamén serviu para reivindicar as orixes da agrupación, creada en 1896 tras a primeira visita de Pablo Iglesias Posse a Ourense.

O PSdeG de Ourense celebra 129 anos lembrando a Suárez e Couto

O secretario de Memoria Democrática da Executiva Provincial, Xosé Lois Carrión, lembrou o contexto histórico do nacemento do socialismo ourensán. Aludiu á folga de 1895, unha das máis importantes da época. Esta folga paralizou as obras da construción durante semanas en demanda dunha xornada laboral de dez horas. “Ese éxito supuxo o fortalecemento da Sociedade de Obreiros de Ourense e foi o xerme da agrupación socialista”, explicou.

O PSdeG de Ourense celebra 129 anos lembrando a Suárez e Couto
Foto: PsdeG de Ourense

O secretario de Memoria Democrática da Executiva Municipal, Javier Quintas, puxo en valor as traxectorias de Manuel Suárez, alcalde de Ourense, e Secundino Couto, alcalde de Canedo. Ambos dirixentes compartiron perfil: socialistas, líderes obreiros, canteiros, masóns e vítimas da represión franquista.

A secretaria xeral do PSdeG en Ourense, Natalia González, agradeceu ás familias dos homenaxeados a súa defensa da memoria. “Recoñecer o pasado fortalece a democracia actual porque asenta os seus valores sobre o respecto, a liberdade e a igualdade, e non sobre o olvido e o silencio”, afirmou.

Tamén interviron a secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, quen subliñou que a agrupación segue a ser “un referente do compromiso coa terra”, e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que destacou que os 129 anos de historia socialista en Ourense son “froito do compromiso e da loita de quen nos precedeu”.

As felicitacións á militancia chegaron tamén desde a Executiva Provincial a través dun vídeo do secretario Álvaro Vila. Este resaltou o orgullo de axudar a “conquerir dereitos e liberdades” ao longo da traxectoria socialista.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.