Eventos

O PSdeG de Ourense celebra un acto pola autonomía galega

O PSdeG de Ourense organiza o vindeiro 20 de marzo un acto baixo o título “O PSdeG pola auténtica autonomía”, que se celebrará ás 18:00 h na sede socialista da rúa Ribeira de Canedo.

A iniciativa forma parte das actividades coas que o socialismo galego conmemora os 45 anos de forza propia do PSdeG.

O PSdeG de Ourense celebra un acto pola autonomía galega

O encontro pretende abrir un espazo de reflexión sobre o papel do socialismo galego na construción e defensa do autogoberno de Galicia. A convocatoria está impulsada pola Executiva Municipal do PSdeG de Ourense en colaboración coas Xuventudes Socialistas.

O PSdeG de Ourense celebra un acto pola autonomía galega

No acto participarán Fernando González Laxe, presidente da Xunta de Galicia entre 1987 e 1989; Margaríña Valderrama, exsecretaria de Cultura da Comisión Executiva Nacional Galega; e Isidoro Gracia, deputado no Congreso por Pontevedra entre 1979 e 1993.

Durante a xornada abordarase o pasado, o presente e o futuro da autonomía galega, analizando tanto os avances acadados no desenvolvemento do autogoberno como os retos actuais para reforzar a capacidade de decisión de Galicia.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.