A Agrupación Municipal do PSdeG de Ourense celebrará o vindeiro 20 de febreiro unha nova sesión de Conversas na Casa do Pobo para abordar o impacto dos discursos da extrema dereita entre a mocidade e o seu espallamento nas redes sociais.
A cita terá lugar o venres 20 de febreiro ás 20:00 h nun acto aberto ao público.
O PSdeG de Ourense debate sobre a extrema dereita e a mocidade
No mesmo, a formación socialista porá o foco nun dos retos que, segundo sinalan, afrontan hoxe a Democracia e o sistema educativo: frear a expansión dos discursos de odio e das informacións falsas que circulan polas plataformas dixitais.

A secretaria xeral do PSOE na cidade, Natalia González, será a encargada de introducir o debate xunto coa secretaria de Mobilización da agrupación local, Rosa Martínez. A relatora convidada será Lucía de Castro, politóloga especializada en Seguridade Internacional e portavoz socialista en León.
De Castro é autora do libro “VOX e Rusia” e desenvolve actividade divulgativa en distintas redes sociais. Nelas analiza e rebate contidos que considera noticias falsas ou bulos difundidos pola dereita e pola extrema dereita en España. No encontro coa militancia e co público asistente, a experta exporá a súa análise sobre a influencia destes discursos na mocidade. Tamén mostrará diversas ferramentas para contrarrestalos.
Desde o PSdeG de Ourense enmarcan esta iniciativa dentro do seu ciclo de reflexión política e social. O obxectivo desta iniciativa e xerar espazos de debate abertos á cidadanía na cidade.

