Noticias

O PSdeG-PSOE de Ourense consolida a súa estrutura con vistas a 2027

O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou a primeira xuntanza ordinaria do seu Comité Provincial tras o V Congreso Provincial e a ratificación da nova Comisión Executiva.

Durante a sesión, as e os socialistas abordaron as últimas novidades orgánicas e informaron dos contidos tratados tanto no Comité Federal como na Executiva Galega.

O PSdeG-PSOE de Ourense consolida a súa estrutura con vistas a 2027

O secretario xeral provincial, Álvaro Vila Araújo, aproveitou a lectura do informe político para facer balance dos primeiros meses de traballo da nova dirección. Subliñou a “normalidade” dos procesos internos celebrados, que culminaron na constitución das agrupacións locais e na elección dos diferentes responsables comarcais. Para Vila, esta estabilidade interna é clave para afrontar con forza o novo ciclo político.

O PSdeG-PSOE de Ourense consolida a súa estrutura con vistas a 2027

Os socialistas ourensáns teñen xa a vista posta nas eleccións municipais de 2027. Así o deixaron claro durante a reunión: “Estamos preparados para formar os mellores equipos e as mellores candidaturas para procurar os mellores resultados posibles na provincia, así como aumentar o número de alcaldías”, sinalaron.

Durante os meses de maio e xuño, o partido levou a cabo unha intensa actividade organizativa nas agrupacións municipais. Celebráronse un total de 56 asembleas, 51 delas de xeito ordinario e 5 mediante xestoras. O proceso supuxo unha notable renovación orgánica, coa substitución de máis do 50% dos secretarios xerais municipais: 29 dos novos responsables acceden por primeira vez a este cargo. Desde o PSdeG-PSOE destacan “a importancia destes procesos para reforzar o partido e comezar a traballar con vistas aos comicios municipais de 2027”.

Na sesión do Comité Provincial tamén se aprobou a folla de ruta e as directrices de actuación da nova Executiva Provincial. Ademais, designáronse os dez representantes do Comité Provincial na Comisión Provincial de Listas: seis foron elixidos nesta sesión e catro xa foran nomeados pola Executiva.

Novos responsables comarcais

Finalmente, a dirección provincial deu conta da designación dos novos responsables comarcais do partido, que quedan do seguinte xeito:

  • Bande: José Manuel Fernández Cuquejo (concelleiro en Calvos de Randín)
  • Trives/Caldelas: Sara Inés Vega Núñez (alcaldesa de Castro Caldelas)
  • Valdeorras: Aurentino Alonso Araújo (tenente de alcalde no Barco)
  • Ourense: Brian Diz González (concelleiro en Amoeiro)
  • Celanova: Jesús Pereiras Vázquez (voceiro en Cartelle)
  • Verín: Marina Vaz Quintillán (voceira en Riós e deputada provincial)
  • Ribeiro/O Carballiño: María Luz Roo Cabo (concelleira en Maside)
  • A Limia: Asunción Morgade Rúa (alcaldesa de Rairiz de Veiga)

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.