Noticias

O PSdeG-PSOE impulsa en Celanova unha coordinadora comarcal con vista a 2027

O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou en Celanova unha reunión cos representantes locais da bisbarra na que quedou constituída a nova coordinadora comarcal.

Esta coordinadora estará encabezada por Jesús Pereiras Vázquez, voceiro socialista no Concello de Cartelle.

O PSdeG-PSOE impulsa en Celanova unha coordinadora comarcal con vista a 2027

O partido subliña que este paso responde ao obxectivo de reforzar a súa estrutura “comarca a comarca” con horizonte nos comicios municipais de maio de 2027.

No encontro participaron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a secretaria de política municipal, Susana Rodríguez Estevez, en representación da Executiva Provincial. Tamén asistiron representantes de concellos como Celanova, Cartelle, Pontedeva ou A Merca.

O PSdeG-PSOE impulsa en Celanova unha coordinadora comarcal con vista a 2027
Foto: PSdeG

Os socialistas aproveitaron a cita para escoitar propostas da militancia, analizar a situación política da comarca e definir prioridades. Entre elas, remarcan a necesidade de mobilizar as bases, incorporar novos militantes e manter un diálogo activo coa veciñanza e co tecido social.

Dende a Executiva Provincial aseguran que este tipo de encontros “están servindo para revitalizar o partido en cada bisbarra e serán determinantes para configurar candidaturas gañadoras de cara a 2027”. As metas marcadas inclúen aumentar alcaldías, mellorar resultados electorais e consolidar equipos locais sólidos.

En canto á bisbarra de Celanova, o PSdeG-PSOE lembra que actualmente goberna en Ramirás e cogoberna en Celanova. Tamén conta con representación na Merca, Cartelle, Pontedeva e Padrenda. O reto inmediato pasa por lograr presenza en municipios como Gomesende, Quintela de Leirado ou A Bola, ademais de incrementar o número de alcaldías e concelleiros.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.