Noticias

O PSdeG-PSOE homenaxea a Undina Álvarez en Entrimo

O PSdeG-PSOE de Ourense homenaxeou este domingo na Terrachán, en Entrimo, a Undina Álvarez Pérez, veciña da aldea de Ferreiros, asasinada polos fascistas en 1936 en represalia polas súas ideas republicanas.

Este acto, cargado de emoción, reuniu ducias de persoas para lembrar e recoñecer a quen foi “fiel ás súas ideas” e pagou coa súa vida ese compromiso.

O PSdeG-PSOE homenaxea a Undina Álvarez en Entrimo

Na homenaxe participaron o alcalde de Entrimo, Ramón Alonso; o secretario provincial de Memoria Democrática, Xosé Lois Carrión; e o mestre e cofundador da AMD-CAO, Xosé Lois Gómez.

O PSdeG-PSOE homenaxea a Undina Álvarez en Entrimo
Foto: PSdG

A cita foi coorganizada polo PSdeG-PSOE de Ourense, Xuventudes Socialistas e a Asociación de Memoria Democrática Campo de Aragón. Tras as intervencións, realizouse unha ofrenda floral na Sobreira, diante do monolito ás vítimas do fascismo e do franquismo.

Undina Álvarez foi detida en Entrimo e trasladada á prisión de Bande, habilitada como cárcere improvisado de mulleres. Sufriu malleiras, humillacións e torturas psicolóxicas, sen ningún tipo de xuízo. O 30 de setembro de 1936 foi fusilada no antigo cuartel de San Francisco, hoxe coñecido como Campo de Aragón.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.