Noticias

O PSdeG-PSOE celebra a súa primeira Comisión Executiva

O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou este serán a súa primeira Comisión Executiva Provincial (CEP) na sede provincial do partido na cidade.

Esta reunión, presidida polo recentemente elixido secretario xeral provincial, Álvaro Vila, supuxo o punto de partida dunha nova etapa que busca fortalecer a presenza do partido en todas as comarcas e concellos da provincia.

O PSdeG-PSOE celebra a súa primeira Comisión Executiva

A CEP comezou coa constitución formal da nova executiva e a lectura do informe sobre o V Congreso Provincial. En dito Vongreso, Vila foi proclamado secretario xeral tras gañar as últimas primarias.

Entre os puntos destacados da orde do día figuraron a convocatoria das asembleas intermunicipais para elixir os representantes do Comité Provincial. Estas asembleas teñen o obxectivo de que as agrupacións con menos de cinco militantes se unan e designen a catro representantes.

En total, 73 membros xa foron elixidos no Congreso, e outros 73 serán escollidos polas agrupacións locais nas próximas semanas.

Ademais, a Comisión Executiva aprobou o reparto de delegados ao Comité Nacional Galego e designou aos representantes da CEP na Comisión Provincial de Listas. Foron nomeadas catro persoas ás que se sumarán seis máis designadas polo Comité Provincial. Tamén se ratificou o nomeamento da nova administradora provincial.

No seu discurso, Álvaro Vila fixo fincapé na importancia de “traballar intensamente no territorio co obxectivo de conseguir un partido máis forte, activo e que recupere músculo en cada comarca e en cada concello”.

O PSdeG-PSOE celebra a súa primeira Comisión Executiva
Foto: PSdeG-PSOE

O novo líder provincial subliñou que esta nova etapa estará marcada polo “consenso, o diálogo e a unidade”, asegurando que todas e todos os militantes terán voz e serán escoitados.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.