O PSdeG-PSOE presenta ós candidatos de varios concellos da comarca de Celanova nun acto realizado en onte pola tarde coa vista posta nas eleccións municipais de maio de 2023.
A falta de coñecer ós candidatos dos concellos de Quintela de Leirado, Cortegada e A Bola, presentouse ó resto de candidatos da Comarca de Celanova.
O PSdeG-PSOE presenta ós candidatos da comarca de Celanova
Cunha importante afluencia de persoas que acudiron a este acto que tivo lugar en Celanova, Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial, acompañou ós candidatos. «O poder municipal socialista representa o avance e o progreso que a provincia de Ourense tanto precisa».
Isabel Gil Álvarez, alcaldesa de Ramirás, e os candidatos en:
- Celanova, Teresa Barge,
- Cartelle, Jesús Pereiras e
- A Merca, Carlos Sousa.
Ramirás
Na primeira intervención, Isabel Gil, alcaldesa de Ramirás, destacou o reto de lograr a maioría absoluta. Acadar o goberno con maioría permitiría «poder levar a cabo as grandes obras que están en marcha, adxudicar 3 vivendas sociais, licitar a adxudicación da subvención para luces LED, sanear o núcleo de Rubías, ou levar a cabo a construción dun centro de día para que os nosos maiores teñan unha calidade de vida como se merecen e as familias poidan compatibilizar coidados e vida laboral».
Celanova e Cartelle
Teresa Barge, candidata en Celanova, destacou que «non foi fácil chegar ata aquí, traballei arreo dentro das competencias das miñas concellerías, e sigo con forza e ganas, Celanova meréceo, merecédelo cada unha e cada un de vós». Na mesma liña se mostrou Jesús Pereiras, candidato en Cartelle. «Traballamos día a día escoitando a nosa veciñanza, percorrendo cada recuncho do noso municipio e presentando numerosas iniciativas para desenvolver novos proxectos».
A Merca
Carlos Sousa, candidato na Merca recordou as prioridades que marca no seu programa, «a dixitalización, a agricultura, o emprendemento e a igualdade de oportunidades». Para poder desenvolver estas accións, pide «un cambio e apostar por un equilibrio entre todos os factores que definen o éxito dunha sociedade como son a cidadanía, as empresas, os autónomos, os traballadores e o medio ambiente».
O último en intervir foi Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial. Ante o numeroso público asistente quixo destacar que «elas e eles, dúas mulleres e dous homes, son a imaxe do PSdeG-PSOE nas Terras de Celanova, onde berran alto e claro que nesta bisbarra e na provincia de Ourense hai futuro, o futuro que precisamos para mudar a deriva dun territorio que ten o alcance da man un tempo mellor o tempo da alternancia democrática, do avance e da xustiza social real».